Reclamámoslle á Xunta "compromiso real" contra o intrusismo sanitario

Reclamámoslle á Xunta "compromiso real" contra o intrusismo sanitario

Reclamámoslle á Xunta “compromiso real” contra o intrusismo sanitario

O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, defendeu unha moción no pleno do Parlamento na que insta á Xunta de Galicia a amosar un “compromiso real” e desenvolver unha campaña de concienciación científica e rigorosa contra o intrusismo sanitario, que “desmitifique as supostas técnicas e terapias alternativas non fundamentadas, alertando dos riscos para o paciente”. Torrado incidiu na responsabilidade do goberno galego neste problema, xa que “bota balóns fóra” e non toma medidas ao respecto.

 

O socialista critica que desde a Xunta afirmen que este tema é moi importante, e sen embargo “non asuman realmente ningunha responsabilidade e minimicen o problema”, a pesar de que o propio goberno galego admite que hai base legal para combatelo e que o intrusismo supón un problema para o sistema e os pacientes, tal e como denuncian desde o grupo socialista.

 

Torrado esixiu medidas reais máis alá das palabras e reclamoulle ao goberno galego dotar ao corpo de inspectores e inspectoras médicos dos recursos precisos, persoais e materiais para poder realizar a súa labor no “seguimento e control das entidades privadas e os labores que nela se realizan” e para acreditar que se sosteñen en criterios científicos e avalados. Tamén solicitou que a Xunta colabore activamente cos colexios profesionais na defensa das súas profesións e na loita contra o intrusismo profesional.

 

O conselleiro “non quixo ou non soubo” responder

Outro dos puntos clave na moción defendida polo socialista é a esixencia da “garantía” por parte da Xunta de que os negocios fundamentados en prácticas consideradas intrusistas non reciban axudas públicas, subvencións nin entren nos programas de apoio ás empresas. Torrado lembrou que o conselleiro de Sanidade “non quixo ou non soubo responder” na interpelación previa a esta moción sobre unha axuda do IGAPE para o inicio dun negocio emprendedor que se fundamenta en terapias para as que non hai persoal cualificado. “Toleran estas prácticas e danlle pouca importancia”, dixo.

 

 

Tamén lle reprochou ao conselleiro que nesa interpelación previa asegurase que a Consellería de Sanidade atendera todas as reclamacións recibidas por estas prácticas, unhas 30 en dous anos, e refutou esta afirmación citando expresamente un escrito do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia no que só eles xa fixeron 31 reclamacións.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar