Reclamámoslle á Xunta un pediatra en Baralla, onde 200 nenos teñen que desprazarse ata Lugo

Reclamámoslle á Xunta un pediatra en Baralla, onde 200 nenos teñen que desprazarse ata Lugo

Reclamámoslle á Xunta un pediatra en Baralla, onde 200 nenos teñen que desprazarse ata Lugo

A deputada lucense Concepción Burgo vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento para solicitarlle á Xunta que implante “de xeito inmediato” un servizo de pediatría dous días á semana no Concello de Baralla. A socialista advirte de que neste municipio viven 200 nenos e nenas que teñen que desprazarse ata Lugo para poder ir ao médico e lamenta que a política de redución de servizos básicos do goberno galego “impide vivir con normalidade na zona rural,e polo tanto fixar poboación”.

Burgo explica que habitualmente os nenos e nenas de Baralla teñen que ir ao pediatra do Corgo, pero este profesional atende tamén “a varios concellos máis da zona”, polo que só está dous días á semana no centro de saúde do Corgo. Polo tanto, o resto de días deben ir ata Lugo, ao PAC de Fingoi ou ao HULA, para poder ser atendidos. “Unha situación que agora é diaria, porque o pediatra do Corgo leva moitos meses de baixa sen ser substituído, así que o único recurso que teñen é desprazarse a Lugo”, denuncia.

Máis de 1.300 sinaturas recollidas
Burgo lembra que unha asociación veciñal, co apoio da Federación de Veciños da provincia de Lugo, ten recollido xa máis de 1.300 sinaturas dos 2.400 veciños e veciñas censados no concello para reclamar este servizo. Ademais, a socialista indica que “o centro de saúde ten unha sala acondicionada” para poder realizar as consultas de pediatría, polo que a Xunta debe rematar xa cunha situación “inxusta, inaceptable e perigosa para a saúde dos nenos e nenas” de Baralla.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar