Reclamámoslle á Xunta que cumpra co pacto local galego

Reclamámoslle á Xunta que cumpra co pacto local galego

Reclamámoslle á Xunta que cumpra co pacto local galego

A portavoz de economía e facenda do grupo socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle ao goberno galego que cumpra co pacto local galego asinado coa Fegamp en 2006, “que once anos despois segue sen estar desenvolvido na súa totalidade, sen data e sen programa”. Rodríguez Rumbo reclamou un programa para a implantación dos acordos de compensación interterritorial e que a Xunta asuma os custos dos centros de saúde e de educación primaria dos concellos. “Gobernar non son xestos, é executar e levar a cabo os acordos”, afirmou a socialista.

A deputada lembrou que a comisión galega de cooperación local non se reuniu “nin unha soa vez” na pasada lexislatura”, e censurou que a Xunta prefire “un sistema clientelar e caciquil” e un xeito de actuar “opaco” en lugar de cumprir os compromisos cos concellos con criterios obxectivos. Así, apuntou ás reiteradas convocatorias por concorrencia non competitiva nas que a maioría dos concellos beneficiados son do PP, e nos que incluso se lles negou a representantes socialistas que a convocatoria estivese aberta.

A socialista criticou a inacción da Xunta fronte a situación dos concellos, que deben asumir custos que non lles pertencen con “facendas locais febles”, e lembroulle ao goberno galego que “non debe ser o seu pai protector”, senón contribuír a un desenrolo “adaptado aos concellos do século XXI”. Rodríguez Rumbo lamentou que o goberno galego leve “moitos anos facendo que fai” neste tema só para “lavar a cara”, despois de que o goberno socialista deixase o plan preparado e dotado economicamente.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar