Reclamamos unha franxa de protección entre crematorios e núcleos habitados

Reclamamos unha franxa de protección entre crematorios e núcleos habitados

Reclamamos unha franxa de protección entre crematorios e núcleos habitados

Patricia VilánA portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, instou hoxe ao goberno galego que estableza unha franxa de protección entre os crematorios e os núcleos habitados. A deputada socialista presentou esta proposta na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento que se celebrou hoxe, e que foi rexeitada polo PP.

Vilán lembrou que a normativa en vigor impídelle aos concellos denegar as solicitudes de instalación de crematorios, cando si que ten uns criterios para determinar a distancia de seguridade cos cemiterios e tanatorios. Reclamoulle ao goberno galego que garanta amparo legal aos concellos para poder establecer estas instalacións nos lugares mais acaídos.

Criticou o desleixo do goberno galego con este tema, limitándose a anunciar que “están a traballar” nun novo decreto de sanidade mortuoria, obviando as súas competencias propias e limitándose a trasladarlle o problema aos concellos. Por este motivo, reclámalle que revise o decreto de Policía Sanitaria Mortuoria e o decreto de Avaliación de Incidencia Ambiental.

Deste xeito, explica, podería “establecer unha franxa de protección – separación aos núcleos habitados”, ademais de “extremar os principios de prudencia e cautela no que atinxe ás instalacións dedicadas á cremación de cadáveres”.

Pontevedra

Lembrou o caso de Pontevedra, onde os veciños e veciñas están a advertir cómo en breve poderían ver unha destas instalacións en diversas localizacións sensibles, como é o caso da casa de Filgueira Valverde, en plena zona monumental, ao carón dun parque infantil e á beira da ría, que foi unha das cinco solicitudes de instalación que o Concello chegou a ter sobre a mesa.

Acusou ao PP de utilizar o asunto como “arma política en contra do Concello”, negándose a situalo ao carón do cemiterio e o tanatorio e chegando a cambiar o seu voto na Corporación Municipal respecto destas instalacións no prazo de catro anos. Lembrou que “sorprendentemente non insisten nada en autorizar o crematorio ao carón das residencias dos seus altos cargos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar