Reclamamos un plan urxente de adaptación ao cambio climático e alertamos da seca nos encoros

Reclamamos un plan urxente de adaptación ao cambio climático e alertamos da seca nos encoros

Reclamamos un plan urxente de adaptación ao cambio climático e alertamos da seca nos encoros

A portavoz de Medio Ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, reclamoulle hoxe á Xunta “que active xa un plan de adaptación ao cambio climático” e presentou varias iniciativas parlamentarias neste sentido tras alertar de que teremos “máis dun ano de seca” mentres o orzamento do plan hidrolóxico do goberno de Feijóo “é de cero euros” e se descoñecen os plans e medidas previstos para afrontar este problema.

 

Vilán destacou que nas duás de marcacións hidrográficas Galicia Costa e Miño-Sil está a baixar o nivel de auga encorada “de maneira espectacular”. Así, na de Galicia Costa a media nos últimos dez anos foi do 74% e nestes momentos está ao 62,96%, un 21% menos que o ano pasado a estas alturas. A do Miño-Sil estaba o ano pasado nun 91% e este ano baixou ao 62,44%. Para ilustrar estes datos, a deputada socialista amosou dúas fotografías do encoro de Belesar e do carballo do encoro de Porto de Mouros, que está anegado e só sae á luz cando hai seca, e agora leva xa meses á vista cuns caraveis vermellos debaixo en memoria de varias persoas que se aforcaran nesta árbore.

 

“Isto non é casual, é moi preocupante e a seca cada vez vai a máis”, alertou a socialista, que lle reprochou á Xunta que pretenda “arranxar todos os problemas falando dunha estratexia de fogos artificiais do cambio climático 2050”, cando o único que está a facer é recabar de forma obrigatoria informes para o Estado para a estratexia ante a UE. En canto ao plan de seca de Feijóo, o seu orzamento, reflectido no Plan Hidrólóxico, é “de cero euros”, e a previsión de investimentos ata 2021 é de só 210.000. “Non sabemos se agora Beatriz Mato vai apurar en dous anos antes de ser candidata á alcaldía”, ironizou.

 

Vilán lembrou que a Xunta respondeu de forma obrigada no Parlamento a unha pregunta socialista e informou de que só lles fixera dúas recomendacións aos concellos para aforrar auga nas piscinas municipais e na limpeza das rúas. Tamén apuntou que non se coñecen nin conclusións nin medidas nin quen asistiu á suposta reunión da comisión sobre a seca do goberno galego prevista para a primeira quincena de xullo.

 

 

Tras advertir de que Meteogalicia conta cun incremento de catro graos na temperatura en Galicia no período 2061-2090, reclamou “que alguén se tome en serio o que está a ocorrer coa seca” e “non só saia o presidente no Día mundial do Medio Ambiente ao parque natural de Corrubedo molestando nun sitio protexido con bafles e pulpeira”. Vilán pide que se condenen as negacións do cambio climático, investimentos en I-D+i para que a tecnoloxía se poña ao servizo de agricultores e viticultores e que se promova o aforro de auga na industria e na agricultura, que consumen o 85% da augana comunidade. Tamén reclama un estudo sobre perdas económicas co cambio climático e “que a poboación teña alternativas” cando chegue a seca. “Se non pode ocorrer que fagamos un remake da película El Árbol del Ahorcado no carballo de Porto de Mouros ou que Galicia Galicia se convirta nun plató para películas do oeste”, censurou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar