Reclamamos un plan de choque para reformas nos centros educativos públicos de Galicia

Reclamamos un plan de choque para reformas nos centros educativos públicos de Galicia

Reclamamos un plan de choque para reformas nos centros educativos públicos de Galicia

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamoulle hoxe á consellería de Educación un “plan de choque” para abordar as reformas imprescindibles nas “instalacións obsoletas” dos centros de ensino públicos de Galicia. Docasar presentou dúas preguntas na Comisión de Educación nas que tamén reclamou a reactivación da convocatoria de oposicións para recuperar as 2.200 prazas de educación destruídas co “austericidio” de Feijóo. O responsable socialista responsabilizou ao actual goberno galego do abandono dos centros de ensino galegos logo de reducir drasticamente os orzamentos ata facer inasumibles tarefas de mantemento básicas nunha rede de centros “antiga e polo tanto moi necesitada de arranxos e reparacións”. Docasar enumerou as carencias destes centros, con teitos en mal estado, notables carencias nas instalacións deportivas, aulas e talleres insuficientes, goteiras, instalacións eléctricas e de calefacción obsoletas e ineficientes, ventanais antigos, necesidades de ampliacións de comedores e bibliotecas ou a fenda dixital entre os centros rurais e urbanos. Reclamoulle ao goberno galego que aproveite o trámite parlamentario dos

orzamentos da Xunta para 2015 e incremente a partida de reparacións e mantemento dos centros educativos galegos que “arrastran importantes eivas dende hai anos por falta dun axeitado mantemento”. Advertiu que o sistema educativo, e polo tanto os rapaces e rapazas de Galicia, son os principais prexudicados polo drástico recorte imposto polo goberno de Feijóo, qu epasou de investir 860 euros por alumno en 2009 aos 670 de 2014. Estas cifras, dixo, mantéñense lamentablemente moi afastadas de comunidades autónomas como o País Vasco, que grazas a investir 1.133 euros por alumno é a que obtén os mellores resultados educativos do Estado. Prazas de profesorado O portavoz de Educación do Grupo Socialista presentou tamén unha pregunta oral na que lle reclamou á Consellería que retome a convocatoria de oposicións de prazas públicas, practicamente conxelada dende a chegada de Feijóo. O obxectivo, explicou, é recuperar paulatinamente as en torno a 2.200 prazas de profesores “brutalmente destruídas durante os anos do austericidio”. Instou ao goberno galego ademais a consensuar esta medida cos sindicatos do ensino na mesa sectorial de Educación, comunicando coa maior celeridade as prazas que serán convocadas en 2015 e “en qué especialidades concretas”. Advertiu que “débenlles vostedes esta información aos milleiros de profesores, interinos, substitutos e no paro que están agardando esta información”. Criticou a estratexia do goberno do PP de atacar directamente á calidade do sistema educativo galego, provocando o “drástico empeoramento das condicións laborais e profesionais do profesorado”. Esta situación, advertiu, “está claramente na orixe das xubilacións de moitos docentes galegos”. Os recortes brutais asestados polo goberno de Feijóo ao ensino galego, dixo, están a provocar a empeoramento deliberado da calidade do sistema público, chegando a “poñer en perigo a equidade do propio sistema”. Aos recortes en profesorado únense os copagos ou repagos en libros de texto e comedores, os 220 millóns menos para centros de ensino obrigatorio e os 70 millóns recortados ás universidades. Hoxe os centros contan con menos cartos para gastos de funcionamento e para equipamentos didácticos, peores condicións para os profesionais do ensino e 275 millóns de euros menos para bolsas, ademais dos 44 millóns recortados ás bolsas erasmus.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar