Reclamamos un plan de apoio e asesoramento da Xunta aos galegos afectados polas cláusulas chan

Reclamamos un plan de apoio e asesoramento da Xunta aos galegos afectados polas cláusulas chan

Reclamamos un plan de apoio e asesoramento da Xunta aos galegos afectados polas cláusulas chan

O portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Abel Losada, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar a intervención do goberno galego en apoio aos galegos e galegas afectados polas cláusulas chan das hipotecas. Losada propón un Plan específico de apoio a estas persoas, que poderían percibir entre 8.000 e 8.500 euros cada unha.

Logo da sentenza do Tribunal Europeo, que contradí a sentenza do Supremo impedindo a devolución das contías previas a 2013, e establece que debe ser devolto a totalidade do cobrado de máis por esta práctica abusiva, a banca deberá desembolsar en torno aos 200 millóns de euros en Galicia.

Diante da resistencia que están a amosar as entidades bancarias á hora de aplicar esta sentenza, o Grupo Socialista reclama a intervención do goberno galego para apoiar aos afectados mecanismos de información, asesoría e recursos xurídicos para habilitar a reclamación diante das entidades bancarias.

Ademais, propón a negociación dun Código de devolución das cláusulas chan “que facilite e acelere a devolución das cantidades cobradas indebidamente”. Tamén demanda que a Xunta se dirixa ao Goberno de España para reclamarlle “un rápido proceso de axilización, control e responsabilidade corporativa por parte do sector bancario ante as demandas das persoas usuarias afectadas polas cláusulas chan.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar