Reclamamos un mapa de emerxencias que garanta tempos de resposta axeitados

Reclamamos un mapa de emerxencias que garanta tempos de resposta axeitados

Reclamamos un mapa de emerxencias que garanta tempos de resposta axeitados

A deputada socialista Patricia Vilán vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento nas que lle reclama á Xunta que “revise o modelo de xestión” de emerxencias “mediante a implantación dun mapa baseado nas isocronas” que garanta “tempos de resposta axeitados” ante os incendios e incidencias. Ademais, reclama “novos subparques que melloren a atención das emerxencias nas provincias galegas”. A última evidencia de que o modelo de xestión dos parques “necesita unha urxente revisión” foron os problemas na extinción do incendio dunha nave e unha vivenda en Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, lembra Vilán.

 

“Cómpre contar con medios que dean cobertura ás denominadas zonas de sombra nas provincias galegas, que dificultan as labores de intervención áxil ante unha emerxencia de calquera clase”, afirma a socialista, que pon como exemplo que os tempos de resposta á comarca de Pontevedra desde os parques de Bueu ou Ribadumia son, no mellor dos casos, de case unha hora. Vilán lembra que xa no mes e xaneiro do pasado ano a Deputación de Pontevedra trasladoulle á Xunta a necesidade de abordar un novo modelo, unha posición tamén reforzada polas deputacións de A Coruña e Lugo, por distintos grupos municipais e polo colectivo de profesionais contra incendios de Galicia.

 

Sen representante na Comisión Técnica

“Mentres, como xa nos ten acostumados, o Goberno galego non ten nomeado o seu representante na Comisión Técnica aprobada o 27 de abril de 2017 para a modificación do mapa de emerxencias que implante o modelo de isocronas”, critica a socialista, que lle preguntará á Xunta tamén no Parlamento cando ten pensado realizar este nomeamento.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar