Reclamamos recuperar o proxecto orixinal de beirarrúas e aparcamentos para o barrio de Reza -Ourense-

Reclamamos recuperar o proxecto orixinal de beirarrúas e aparcamentos para o barrio de Reza -Ourense-

Reclamamos recuperar o proxecto orixinal de beirarrúas e aparcamentos para o barrio de Reza -Ourense-

A deputada socialista Noela Blanco levou hoxe ao Parlamento as demandas dos veciños e veciñas do barrio de Reza, en Ourense, que se teñen oposto frontalmente á modificación do proxecto de humanización por parte da Xunta. Así o dixo na Comisión de Infraestruturas, na que cualificou de “chapuzada” o proxecto presentado por Xunta e Concello.

A responsable socialista acusou ás administracións local e autonómica de alterar significativamente o proxecto orixinal, elaborado no seu día polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, co consenso dos veciños e veciñas. A modificacións, incluíndo unha senda peonil e ciclista innecesaria e en contra das garantías de seguridade, toparon coa contestación dos veciños e veciñas.

Estes reclaman volver ao proxecto orixinal, que prevía beirarrúas, aparcadoiros para vehículos, estacionamento dos autobuses, alumeado público e “cousas tan básicas como podar as árbores, porque agora son os camións os que levan por diante as pólas que invaden a estrada”. Dixo que o proxecto presentado por Xunta e Concello sen anunciar nin consensuar cos veciños “pasou de estrela a estrelado”.

Apuntou que o goberno pretende “derrochar máis dun millón de euros nun proxecto que non é necesario –transcorre en paralelo ao paseo das ninfas-, e incrementa os problemas de seguridade viaria”. Advertiu do “conflito entre peóns, ciclistas e residentes”, que terían que compartir zonas con pouco máis dun metro entre as edificacións e o carril, cando a DGT recomenda carril bici con beirarrúas de máis de catro metros.

Ademais, advertiu que as definicións contidas no proxecto dos bens expropiados “enténdense inconcretas, vagas e cunha partida orzamentaria de 49.000 euros que vai resultar insuficiente para os máis de 40 veciños e veciñas afectadas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar