Reclamamos que a Xunta se reúna de urxencia co persoal dos xulgados da Coruña que será trasladado á Fábrica de Tabacos

Reclamamos que a Xunta se reúna de urxencia co persoal dos xulgados da Coruña que será trasladado á Fábrica de Tabacos

Reclamamos que a Xunta se reúna de urxencia co persoal dos xulgados da Coruña que será trasladado á Fábrica de Tabacos

O deputado coruñés Juan Díaz Villoslada reclámalle á Consellería de Presidencia que convoque unha reunión urxente cos sindicatos e a xunta de persoal dos traballadores dos xulgados da Coruña que serán trasladados de forma inmediata ao antigo edificio da Fábrica de Tabacos. Tras unha reunión cos representantes de UGT-Xustiza, o socialista traslada “a falta de información” para os afectados e o “escurantismo” de todo o proceso.

 

Villoslada lembra que a inauguración das novas instalacións será este mesmo venres, e só tres días antes o persoal “non sabe nada nin coñece o plan de reinstalación”, a pesar de que hai noticias que aseguran que o traslado para a reubicación comezará o vindeiro 3 de abril. Entre as preocupacións dos traballadores e traballadoras está coñecer “cal será o equipamento tecnolóxico dispoñible, como van funcionar os traslados e as cadeas de custodia ou a existencia das necesarias prazas de Policía Nacional nas instalacións”.

 

Garantías técnicas, urbanísticas e de seguridade

O socialista apunta tamén que os representantes do persoal “teñen dereito” a contar con información transparente sobre “os plans de autoprotección e emerxencias e as novas condicións do seu traballo”. O deputado reclámalle ao goberno galego que o traslado, que afecta aos servizos da Audiencia Provincial, Fiscalía, Xulgado de Menores e Vixiancia Penitenciaria, se realice “con todas as garantías técnicas, urbanísticas e de seguridade”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar