Reclamamos que a Xunta modifique o funcionamento dos tribunais das oposicións

Reclamamos que a Xunta modifique o funcionamento dos tribunais das oposicións

Reclamamos que a Xunta modifique o funcionamento dos tribunais das oposicións

O portavoz de función pública e administración autonómica do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, instou hoxe á Xunta a retomar a Mesa Xeral de Negociación de Emprego Público e retomar o diálogo paralizado en 2016 para poñer en marcha novas instrucións de funcionamento e actuación dos tribunais de selección autonómicos. O socialista lembrou que hai un “conxunto de fallos xudiciais que están poñendo en evidencia a imparcialidade, a obxectividade e a seguridade xurídica dos procedementos de selección de persoal” en Galicia.

Villoslada apuntou que a estes fallos xudiciais se suma agora unha nova posición xurisprudencial que fai necesario que haxa cambios. Os tribunais de xustiza esixen “un maior control” nestes procesos de selección, reducindo os espazos inmunes. É dicir, non se revisa só a decisión ou o ditame, senón tamén os “arredores”, as actividades preparatorias e as pautas xurídicas do proceso. Por iso, o goberno aglego debe “adaptar os criterios de actuación dos seus tribunais aos novos criterios xurisprudenciais”.

O socialista lembra que hai figuras que veñen demandando as centrais sindicais como a do “observador da legalidade”, xa implantada noutras administracións públicas, ou a das comisións permanentes de selección, cuxa implantación debe ser estudada na negociación cos sindicatos.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar