Reclamamos o reforzo das unidades de Psicoxeriatría na rede sanitaria pública

Reclamamos o reforzo das unidades de Psicoxeriatría na rede sanitaria pública

Reclamamos o reforzo das unidades de Psicoxeriatría na rede sanitaria pública

atención a la dependenciaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamoulle hoxe ao goberno galego o reforzo das unidades de psicoxeriatría na rede sanitaria pública galega. Acuña presentou unha batería de iniciativa parlamentarias con motivo da conmemoración do Día Internacional do Alzheimer.

Acuña advertiu da especial incidencia das demencias na terceira idade, sendo a principal causa de incapacidade, e que mentres afecta ao 2 por cento das persoas a partir dos 65 – 70 anos, a súa incidencia dispárase ata o 20 por cento dos maiores de 80. Por iso pregúntalle ao goberno galego pola asistencia psicoxeriátrica en Galicia, especialmente nas provincias de Lugo e Ourense, as mais envellecidas.

Lembra que as múltiples enfermidades relacionadas co demencia, con clínicas semellantes que dificultan a diagnose, parten de pequenas alteracións de memoria que provocan numerosas consultas médicas e tradúcense na perda progresiva das funcións cognitivas por danos ou desordenes cerebrais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar