Reclamamos formalmente os informes sobre o convenio de 18 millóns de euros entre o Igape e a CEG

Reclamamos formalmente os informes sobre o convenio de 18 millóns de euros entre o Igape e a CEG

Reclamamos formalmente os informes sobre o convenio de 18 millóns de euros entre o Igape e a CEG

Abel Losada cualifica de “poltergeist político de Feijóo” un acordo asinado sen publicidade nin concurso en 2010 e que permanece agochado polo Executivo autonómico

Considera unha “tomadura de pelo” que o conselleiro de Industria anunciara a entrega formal do convenio cando “en realidade nos fixo chegar unha prórroga” baleira de contido

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, presentou hoxe catro peticións formais de documentación relativa ao convenio asinado en 2010 entre o Igape e a Confederación de Empresarios de Galicia para privatizar a rede exterior do organismo público. Dito acordo supuxo unha inxección de 18 millóns de euros na patronal sen concurso público nin publicidade.

Losada lamentou que, logo de 8 peticións formais de información desatendidas polo goberno galego, o propio conselleiro de Industria fixera ademán da entrega do documento. En realidade, explicou, o que entregou ao Grupo Socialista foi a prórroga do convenio baleira de contido, aparte dunha ampliación de dous millóns de euros, mentres os papeis orixinais permanecen agochados da luz pública en San Caetano.

En opinión do responsable socialista, o convenio asinado coa CEG constitúe “o terceiro poltergeist político” do presidente da Xunta en materia económica, xunto cos papeis da xuntanza de Feijóo co empresario Jorge Dorribo, imputado na Operación Campeón, ou dos convenios asinados co narcotraficante Marcial Dorado.

Abel Losada sinalou que o escurantismo amosado polo goberno galego “lexitima a desconfianza, as dúbidas e o escepticismo político” dos socialistas galegos con relación aos acordos asinados coa patronal. Por iso reclama os informes da asesoría xurídica da Xunta, os informes realizados pola CEG, as follas de liquidación de gastos e os contratos de traballo asinados pola patronal en relación ao convenio e a súa prórroga.

Internacionalización

Reclamoulle ao goberno galego que explique o motivo da sinatura daquel convenio que “serviu para financiar á Confederación de Empresarios de Galicia e para privatizar a rede exterior do Igape”. Explicou que os datos da internacionalización da economía galega son “mediocres”, polo que atopa “difícil de xustificar” o investimento na Confederación de Empresarios de Galicia.

Losada explicou que unha internacionalización concentrada en poucos sectores, nuns poucos países e de produtos de tecnoloxía baixa ou media – baixa son os mellores aderezos para o fracaso.

De acordo co ministerio de Economía, en contra do triunfalismo amosado por Feijóo, as exportacións entre xaneiro e xullo deste ano medraron na economía galega un 0,7 por cento, menos da metade do 1,6 por cento que medraron a nivel nacional. O mesmo sucede con relación ao investimento estranxeiro, do que Galicia acaparou tan só o 1,38 por cento do conxunto do España malia ter o 5 por cento do PIB e case o 6 por cento da poboación.

Ao mesmo tempo, o investimento de Galicia no estranxeiro supuxo o 3,48 por cento do conxunto de España en 2013, mentres no primeiro semestre de 2014 Galicia recibiu o 0,67 por cento do conxunto do Estado e investiu no estranxeiro o 2,04 por cento. Estes datos evidencian que Galicia “perde fuelle” e esixiulle ao goberno galego “unha explicación cualitativa e cuantitativa” dos resultados destes convenios.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar