Reclamamos flexibilizar a restrición dos usos dos portos a actividades exclusivamente mariñeiras e tradicionais

Reclamamos flexibilizar a restrición dos usos dos portos a actividades exclusivamente mariñeiras e tradicionais

Reclamamos flexibilizar a restrición dos usos dos portos a actividades exclusivamente mariñeiras e tradicionais

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe ao responsable de Portos de Galicia que “flexibilice” a resolución de setembro de 2017 que restrinxe o uso público dos portos galegos a actividades relacionadas exclusivamente co ámbito mariñeiro e de arraigo tradicional. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Pesca celebrada hoxe.

A responsable socialista sinalou que a dita resolución foi “feita de costas ás persoas que van sufrir esta regulación” e chamou a “ter en conta a realidade social e cultural de Galicia, cos portos integrados nas vilas costeiras” e sendo un protagonista máis da vida social da localidade.

“Todo isto non é máis que una forma de gobernar, no que se regula de costas ás persoas que conviven, traballan e sofren o resultado desas regulacións, e ao final una boa parte dos seus esforzos destínanse á adaptación a esas novas regulacións que parecen provir do descoñecemento e do sectarismo de Portos de Galicia”, espetou a portavoz socialista.

Así mesmo, continúa, a limitación establecida por Portos “prexudica á poboación máis nova especialmente, e así non imos atallar o problema demográfico de Galicia”. Explicou que “isto non é unha teima particular, perdeuse nun ano 10.000 habitantes e a pirámide demográfica está altamente envellecida”, contestou a socialista aos deputados populares.

O espazo portuario forma parte da vida cultural dos municipios e negar isto é descoñecer a realidade galega, non se debería limitar á realización de actividades como saída dunha maratón, una btt, una concentración de coches clásicos ou una saída turística”, concluíu a socialista.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar