Reclamamos consenso para mellorar a posición de Galicia no financiamento autonómico

Reclamamos consenso para mellorar a posición de Galicia no financiamento autonómico

Reclamamos consenso para mellorar a posición de Galicia no financiamento autonómico

. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que tome a man tendida dos socialistas para acadar unha posición consensuada de cara á inminente reforma do modelo de financiamento autonómico. Así o dixo na sesión de control ao presidente celebrada no Parlamento, na que acusou a Feijóo de agochar a posición do goberno galego no debate que comezará en 2017.

Fernández Leiceaga lamentou que Feijóo vetara a recente proposta do Grupo Socialista de constituír unha Comisión parlamentaria para buscar unha postura común e instouno a presentar un “mecanismo razoable e sensato que permita a participación dos grupos parlamentarios e a sociedade civil”. Apuntou a “necesidade de establecer complicidades internas e externas” para fortalecer a posición de Galicia e presentar os obxectivos da Xunta nesta materia.

Apuntou a importancia de “non desmerecer os resultados” acadados por Galicia no anterior modelo, con beneficios por enriba da media en necesidades de gasto por habitante e financiamento por unidade de necesidade. Incluso apuntou a “mellorar o equilibro vertical entre Estado e comunidades autónomas”, por canto estas soportan hoxe a maior parte dos servizos básicos.

Ademais, instou a “mellorar a ponderación aplicada á sanidade” á hora de repartir o financiamento, que actualmente atópase “bastante por debaixo do seu peso real”, tendo en conta o impacto da poboación máis envellecida e que xera máis gasto na sanidade e nos Servizos Sociais.

Mellorar o modelo

O portavoz socialista sinalou a necesidade de mellorar un modelo que padece uns “obxectivos confusos, procedementos farragosos e problemas de inequidade residual”, mentres o PP leva a retrasar o debate dende 2014. O actual modelo acumula xa 8 anos dende a última revisión, co que resulta “razoable” afrontar a cuestión canto antes, logo de que o ministro se comprometera a iniciar o debate en 2017.

Dixo que “a modificación debera xerar efectos dende cando menos xaneiro deste ano, polo que resulta urxente definir qué lle pedimos dende Galicia, sobre todo por parte do presidente e do goberno galegos, qué demanda lle fan e cales son os obxectivos para que Galicia poida ter un resultado razoable”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar