Leiceaga reclama a supresión das taxas de reposición na OPE de educación

Leiceaga reclama a supresión das taxas de reposición na OPE de educación

Leiceaga reclama a supresión das taxas de reposición na OPE de educación

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que presione ao goberno para que o futuro Real Decreto Lei –RDL- sobre a convocatoria da Oferta Pública de Emprego –OPE- sirva para suprimir as taxas de reposición. O responsable socialista preguntoulle a Feijóo no Parlamento pola “pequena farsa xa desmontada” sobre a convocatoria de oposicións.

Fernández Leiceaga sinalou que as taxas de reposición supoñen un “corsé” que obriga a axustar o gasto en salarios e contratación de persoal público, “impulsando a privatización –externalización- de servizos públicos, a precariedade e o deterioro da calidade” do servizo. Instou a suprimir o instrumento para “reducir a inestabilidade e precariedade do emprego, reforzar a calidade dos servizos públicos e recuperar o nivel de emprego que necesitamos para atender ben aos nosos cidadáns”.

O responsable socialista sinalou que “aspiro a que o RDL sexa aprobado polo Congreso e mellorado substancialmente para eliminar as taxas de resposición”, o que “daría a oportunidade non só de conxelar a precariedade, senón tamén de reducila”. Instou a Feijóo a “eliminar as taxas coa presión política para reducir a precariedade do emprego público ata situalo por debaixo do 3 por cento en 3 anos”.

Sen embargo instou ao goberno galego a convocar a OPE en base ao amparo legal que lles confiren os orzamentos de 2016, que ao estar prorrogados aínda están vixentes, cunha taxa de reposición do cen por cen. Advertiu que por moita “seguridade xurídica” que anuncie Feijóo, en realidade “non teñen seguridade de que os RDL prosperen”, e mesmo poderían ser convertidos nun texto lexislativo cun trámite que se retrasaría ata xuño.

Ademais, remachou, “non se trata de convocar as OPEs, se trata de concluílas”, xa que “de máis de 1.000 prazas convocadas dende 2012, só teñen 43 acabadas, o 3 por cento do total”. Instou a ofrecer estabilidade “cando menos no ámbito público” a uns galegos e galegas que hoxe teñen “menos emprego e máis contratos” grazas ao incremento da precariedade.

Explicou que Galicia ten 146.800 empregos menos que en 2008, e que dos 944.000 contratos que hai actualmente, só son indefinidos a tempo completo 43.000, o resto son a tempo parcial ou temporais. Lembrou que en 2008 había 800.000 contratos, dos que 66.000 eran indefinido a tempo completo.

 

Pequena farsa

Fernández Leiceaga acusou a Feijóo de actuar como “cómplice necesario da pequena farsa de Montoro” de vincular a convocatoria da OPE á aprobación dos orzamentos, e que hoxe “está desmontada xa”. Lamentou que, en lugar de utilizar as súas competencias e defender os servizos públicos de Galicia, se prestara a participar “facendo de peón na partida de xadrez” na que o goberno plantexou unha “apertura siciliana”.

Preguntoulle por qué non plantexaron o Real Decreto Lei ata agora, o que tería eliminado incertidume, e respondeu que “porque primeiro actúa de pirómano para agora intentar actuar de bombeiro, cando o certo é que non hai lume sequera”. Puntualizou neste sentido que os orzamentos prorrogados “permitían convocar dende o 1 de xaneiro, como xa se fixera en 1996 e en 2012”.

Criticou que Feijóo non utilizara as súas competencias como si fixo o País Vasco, que convocou a OPE en febreiro “sen que o goberno central teña feito nada para denuncialo, grazas a ese rollito de primavera entre PP e PNV para aprobar os orzamentos na Comunidade Autónoma e en Madrid”.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar