Reclamamos a devolución das retencións irregulares polo céntimo sanitario

Reclamamos a devolución das retencións irregulares polo céntimo sanitario

Reclamamos a devolución das retencións irregulares polo céntimo sanitario

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que reclama a devolución do “céntimo sanitario”, un tributo posto en marcha en 2002 e declarado ilegal en 2014.

O responsable socialista lembra que o Goberno apenas devolveu o 25 por cento do que cobrou irregularmente, apenas 3.000 dos 13.000 millóns obtidos en total por este imposto, que de acordo coas empresas de transporte podería ascender a 140 millóns só en Galicia. Estas entidades víronse seriamente afectadas, por canto o sobrecuste podería chegar a 3.000 euros anuais por cada camión.

González Santín advirte da especial incidencia desta figura impositiva en Galicia, onde o goberno galego optou por aplicar un tramo propio, incrementando de 0,024 a 0,048 céntimos por litro de carburante.

Os socialistas galegos reclámanlle así ao goberno galego “que adopte as medidas necesarias en coordinación coa Axencia Tributaria, co fin de facilitar a devolución inmediata das cantidades adebedadas aos contribuíntes que pagaron indebidamente o Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos”.

Juan Carlos González Santín lembra que ata o momento só foron devoltos 3.000 dos 13.000 millóns recadados por Facenda con este tributo declarado ilegal

Iniciativas presentadas (pdf)

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar