Reclámalle ao PPdeG e á presidenta do Parlamento que “superen a súa ansiedade” e convertan a cámara “na casa do debate e da palabra” reabrindo as portas á cidadanía

Reclámalle ao PPdeG e á presidenta do Parlamento que “superen a súa ansiedade” e convertan a cámara “na casa do debate e da palabra” reabrindo as portas á cidadanía

Reclámalle ao PPdeG e á presidenta do Parlamento que “superen a súa ansiedade” e convertan a cámara “na casa do debate e da palabra” reabrindo as portas á cidadanía

Os socialistas abandonan o Pleno do Parlamento como mostra de discrepancia coa blindaxe unilateral contra as visitas decretada pola presidenta da Cámara

Os socialistas manteñen un encontro nas instalacións do Grupo Parlamentario co Comité de Empresa de Navantia, convidado ao Pleno de hoxe que non puido acceder á tribuna de invitados

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, chamou hoxe ao PP e á presidenta do Parlamento a “superar a súa ansiedade” e facer da Cámara “a casa do debate e da palabra, o que foi sempre”, reabrindo as portas á cidadanía. Vázquez interveu no debate de totalidade dos Orzamentos logo de que o grupo Socialista abandonase o Pleno en protesta pola prohibición ás visitas decretada por Rojo.

Vázquez dixo que a situación provocada por Rojo e o PP “provócame tristura e sensación de gravidade, porque non sei si a presidenta é consciente da gravidade da decisión que acaba de tomar, pola que un ataque de pánico lle obriga a declarar sospeitosos de querer invadir o Parlamento a 2,7 millóns de galegos e galegas”.

Explicou que esta decisión resulta inédita en toda a historia da Cámara autonómica, “nin sequera cando o Grupo do PP trouxo a 200 alcaldes e alcaldesas para invadir o Parlamento” e se enfrontaron ás forzas de seguridade.

Sinalou que “neste momento alguén está confundindo unha situación de ansiedade persoal coa toma da decisión política de pechar as portas do sancta sanctórum da política galega”. Pediulle ao PP e á presidenta da Cámara “que non estableza unha fuxida cara adiante que supón blindar o Parlamento contra a cidadanía” e “se esforce en converter o Parlamento na casa do diálogo do consenso e da confrontación lexítima”.

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, explicara anteriormente, ao comezo da sesión, que os socialistas abandonaron o Pleno do Parlamento celebrado hoxe “como mostra de discrepancia contra a blindaxe unilateral contra as visitas decretada pola presidenta da Cámara e respaldada polo PP”.

Losada criticou que tanto Rojo como o PP pretenden “establecer un estado de sitio irregular para enmascarar o descontento social polas medidas adoptadas por Feijóo no goberno galego, que teñen levado o paro a máximos históricos e o Índice de Produción Industrial a mínimos históricos”.

Lamentou que o PP teña establecido unha “burbulla fronte á realidade do sufrimento social” que está a provocar a súa política de austeridade, que “resulta suicida ao ser acometida en solitario, sen ningunha medida estratéxica de impulso económico”. Lembrou que as protestas na Cámara “só reflicten o fondo malestar dunha sociedade que vive estrangulada polas políticas dun goberno, o de Feijóo, impermeable ás súas necesidades”.

Navantia

O Comité de Empresa de Navantia, convidado ao Pleno do Parlamento por parte do Grupo Socialista, non puido acceder á tribuna de invitados do hemiciclo por orde da presidenta do Parlamento, polo que mantiveron unha xuntanza cos parlamentarios do PSdeG-PSOE nas instalacións do Grupo Socialista. Neste encontro participaron os parlamentarios José Luis Méndez Romeu, Carmen Gallego, Beatriz Sestayo e Francisco Caamaño.

O portavoz de Industria, Turismo e Minas, José Luis Méndez Romeu, acusou a Feijóo de “mentir” na campaña electoral ao prometer o dique flotante. Explicou que os socialistas están a facer as xestións necesarias con Bruxelas para coñecer o alcance real das declaracións do presidente de Navantia e o máximo responsable da Sepi, que onte descartaron a construción do dique flotante en Ferrol.

Explicou que “Feijóo xa sabía esta conclusión cando prometeu o dique flotante” e por iso nos seus orzamentos “non hai un só euro” para a súa construción mentres a memoria de obxectivos “si que filosofa sen pudor” sobre esta promesa asumida polo presidente da Xunta “en falso”.

Méndez Romeu sinalou que a próxima medida tomada polos socialistas galegos será reclamar a presenza de Feijóo no Pleno do Parlamento para “explicar cómo vai facer para cumprir co seu compromiso asumido na campaña electoral”. Dixo que o presidente da Xunta “debe clarificar si vai facer o dique flotante con fondos propios, a través dunha operación de crédito ou de qué forma”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar