Reclama un Plan de Investimento dos 214 millóns previstos para a AVE Vigo-Oporto

Reclama un Plan de Investimento dos 214 millóns previstos para a AVE Vigo-Oporto

Reclama un Plan de Investimento dos 214 millóns previstos para a AVE Vigo-Oporto

Visto o adiamento da conexión de alta velocidade Vigo-O Porto, o eurodeputado socialista, Antolín Sánchez Presedo, suxire a "reutilización" do fondo adxudicado para a mellora da actual vía ferroviaria entre Galicia e Portugal.

Nunha pregunta parlamentaria á Comisión Europea, o eurodeputado socialista, alerta de que Galicia corre o risco de perder o orzamento da Rede Transeuropea de Transportes, adxudicado para a AVE e urxe España e Portugal a presentar un plan para reconducir os fondos dispoñibles.

No texto, Sánchez Presedo pide á Comisión que aclare se o proxecto de AVE entre Galicia e Norte de Portugal queda descartado do orzamento actual para a Rede Europea de Transportes. "De confirmarse este dato, cal será o destino dos 214 millóns inicialmente previstos para a ave?", pregunta Sánchez Presedo.

Na súa opinión, "España e Portugal deberían presentar un proxecto alternativo de mellora da actual vía ferroviaria entre Vigo e O Porto", aconsellou. "De cásoo contrario arriscámonos a perder un fondo que sería moi valioso para a rexión", sinalou Sánchez Presedo.

"O investimento en infraestruturas permitirá mellorar a conectividad de Galicia facéndoa unha rexión máis competitiva como potencia no Mercado Interior da Unión", apuntou o eurodeputado socialista. Así mesmo, destacou a importancia deste tipo de investimentos, pois "supoñen a creación de postos de traballo directos e indirectos, ademais de ser claves para o desenvolvemento económico e social da rexión, se cabe máis na actual conxuntura de crise".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar