Reclama no Senado que se financien actuacións de saneamento na Ría de Vigo, na Ría de Burgo e en Ferrol durante o debate dos orzamentos xerais para 2012

Reclama no Senado que se financien actuacións de saneamento na Ría de Vigo, na Ría de Burgo e en Ferrol durante o debate dos orzamentos xerais para 2012

Reclama no Senado que se financien actuacións de saneamento na Ría de Vigo, na Ría de Burgo e en Ferrol durante o debate dos orzamentos xerais para 2012

O senador do PSOE por Ourense afirma que “os axustes teñen moitas caras, pero una das máis crueis será o axuste ambiental e o axuste que o PP vai facer pagar ao Medio Rural”.

O portavoz socialista no medio Ambiente e Cambio Climático e senador por Ourense, Miguel Fidalgo, defendeu esta tarde na Cámara Alta as emendas do Grupo Socialista ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2012 en materia de Medio Ambiente e Pesca.

Fidalgo subliñou as propostas que redactou o seu grupo e que afectan á comunidade galega para continuar co ritmo investidor previsto no convenio do Goberno, a Xunta e o Concello como as actuacións de saneamento da Ría de Vigo (aumentando as dotacións para a depuradora de Vigo cun investimento de 12,3 millóns de euros), a rexeneración da Ría de Burgo, continuando, desta forma, coas actuacións do Goberno socialista para que a ría volva ser produtiva para as familias que exercen o marisqueo e de Ferrol, en aras a ir completando o saneamento da comarca.

Entre as actuacións reivindicadas polo parlamentario do PSOE tamén se atopan as que afectan a diversos ríos como o Limia e o Proxecto de Centro de Interpretación do Canón do Sil. Ademais, Fidalgo defendeu un Fondo especial para a recuperación dos bosques afectados por incendios forestais nos espazos protexidos e propuxo actuacións concretas no Parque natural do Xures.

Por outra banda, o Grupo Socialista tamén reclamou medidas para que poidan funcionar os barcos de investigación pesqueira e fáganse as campañas previstas para poder contar con datos científicos nestes momentos en que se redacta a nova política pesqueira común e o novo fondo pesqueiro da Unión Europea. Neste punto, Miguel Fidalgo sinalou que contar con bos datos é fundamental para coñecer o estado dos caladoiros e conseguir así os máximos aproveitamentos por parte dos pescadores.

Fidalgo destacou outra proposta referida a potenciar a investigación con apoio á Fundación Instituto Tecnolóxico de Industrias Mariñas, ao Centro Tecnolóxico do Mar e ao Observatorio de acuicultura.

Tamén propuxo a creación de case 500 bolsas á formación náutica pesqueira con obxecto de diminuír os accidentes pesqueiros e pediu concretar unha cantidade para a aplicación da Lei de Desenvolvemento Rural Sustentable, aprobada polos socialistas e que o Goberno do PP pretende conxelar.

Por último, Miguel Fidalgo afirmou que “os axustes teñen moitas caras, pero una das máis crueis será o axuste ambiental e o axuste que o PP vai facer pagar ao Medio Rural”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar