Reclama medidas á ministra Pastor para que o Porto de Vigo sexa incluído como infraestrutura nodal dentro da rede transeuropea de transportes

Reclama medidas á ministra Pastor para que o Porto de Vigo sexa incluído como infraestrutura nodal dentro da rede transeuropea de transportes

Reclama medidas á ministra Pastor para que o Porto de Vigo sexa incluído como infraestrutura nodal dentro da rede transeuropea de transportes

Marra reclamou, sen resultado, o compromiso da Ministra de que os eurodeputados do PP apoiarán esta proposta no Parlamento europeo ou de que votarán a favor dunha emenda neste sentido que o Grupo Socialista defendería nunha próxima sesión plenaria.

A senadora socialista por Pontevedra, Ángeles Marra, reclamou esta tarde na Cámara Alta o compromiso da Ministra de Fomento, Ana Pastor, para que adopte medidas para que o Porto de Vigo sexa incluído como unha infraestrutura nodal dentro da rede transeuropea de Transportes tras o rexeitamento da Comisión de Transportes e Turismo do Parlamento Europeo.

Marra criticou a pésima xestión do Goberno neste sentido e lamentou que a Ministra non se comprometese, en sede parlamentaria, a apoiar nin na Comisión de Transportes europea nin coa mesma Comisión a inclusión de Vigo como Porto Nodal.

A senadora comezou a súa intervención destacando que se trata dunha infraestrutura que é clave para o desenvolvemento da economía produtiva da área de Vigo e un elemento estratéxico da cadea loxística para as empresas e a súa hinterland, sendo o porto de Vigo un referente no tráfico marítimo europeo. Neste punto, explicou que cumpre con condicións de funcionalidade, de servizos e de relevancia para ser un referente como porto nodal dentro da rede transeuropea de transportes, non só polos grandes tráficos do porto, senón polas súas condicións naturais de calado, polo seu singular desenvolvemento (é cabeceira da autoestrada do mar) e polo importante apoio que supón a Plisan na súa operatividade.

Por iso, cualificou como “sumamente negativa e errónea” a decisión da Comisión de Transportes e Turismo do Parlamento Europeo de excluír ao porto de Vigo como un porto nodal dentro da rede transeuropea de transportes e instou o Goberno a que adopte medidas para que o porto de Vigo sexa incluído como unha infraestrutura nodal dentro da rede transeuropea de transportes.

Na quenda de réplica, Ángeles Marra afirmou que “quizais este é o momento de emendar erros, tras a pésima xestión da Ministra Pastor, e de dar solucións, achegando apoios como os que están a dar a sociedade viguesa e o alcalde socialista da cidade de Vigo así como os eurodeputados socialistas comprometéndose cos relatores parlamentarios, a comisión, e o consello a que no texto definitivo que se acorde na Rede Transeuropea de Transportes inclúase a Vigo como porto nodal". Marra reclamou, sen resultado, o compromiso da Ministra de que os eurodeputados do PP apoiarán esta proposta no Parlamento europeo ou de que votarán a favor dunha emenda que os eurodeputados socialistas nunha sesión do Parlamento, proposta da que Marra tampouco arrincou un compromiso da propia titular da carteira de Fomento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar