Reclama a consumo que interveña na estafa da venda fraudulenta de entradas para a festa de fin de ano do 2011 na Coruña

Reclama a consumo que interveña na estafa da venda fraudulenta de entradas para a festa de fin de ano do 2011 na Coruña

Reclama a consumo que interveña na estafa da venda fraudulenta de entradas para a festa de fin de ano do 2011 na Coruña

Segundo o parlamentario socialista, Méndez Romeu, a presunta estafa afectaría a miles de mozos e mozas e ascender a máis de 150.000€

As entradas para unha ruta por tres establecementos de hostalería nocturna da Coruña vendéronse en colexios e pola rúa, sen ningún tipo de garantía xurídica, provocou 7.000 consultas ás oficinas de consumo e centenares de denuncias

O parlamentario socialista, José Luís Méndez Romeu, ven de esixir a actuación da Xunta para corrixir o abuso producido a miles de adolescentes que resultaron estafados pola venda de máis localidades para a Festa de Fin de Ano ao superarse notablemente a venda do aforo dos establecementos implicados.

Como explicou o deputado coruñés do PSdeG-PSOE, ao non admitirse a devolución de entradas, de 40€ cada unha, esta “peculiar” estafa podería superar os 150.000 euros.

Os afectados desta venda fraudulenta de entradas, entre os que se atopan menores aso que non se lles comunicou ningunha restrición en razón da idade, formularon entres sete mil consultas nas oficinas de consumo e presentaron ducias de denuncias. O Concello da Coruña e a Xunta son coñecedores da situación e comprometéronse a estudala.

Para o deputado socialista, defensor dunha batería de preguntas ao Goberno en Comisión sobre este suceso, “a situación descrita ofrece unha clara imaxe de desprotección dos dereitos do consumidor”.

Para Méndez Romeu, “existe unha venda irregular, na que non se ofrecen garantías de reclamación, nin se facilita información precisa dos dereitos que outorga a adquisición”. Existe ademais “unha canle alternativa de venta”, fora de todo control. Salienta tamén que coñécese previamente e publicítase o produto que se vende, sen aludir ás restricións. Pero o certo é que os consumidores descobren, cando fan valer os seus dereitos, que mercaran algo distinto do que crían.

O socialistas afirman que se produce un beneficio ilícito, así como unha posible vulneración dos límites legais dos aforos, vencellados á seguridade dos usuarios.

En consecuencia, Méndez afirma que cómpre coñecer as actuacións en curso, coa finalidade de corrixir o abuso producido, restaurar a legalidade e previr situacións semellantes.

A Presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, informou sobre a evolución dos expedientes incoados e aproximou unha resolución dos mesmos para o os vindeiros meses. A resposta non satisfixo ao deputado coruñés do PSdeG-PSOE, que incidiu na necesidade de intervención do IGC no relativo á venda irregular destas entradas, e á canle alternativa para a súa venda, exenta de todo control.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar