Reafirman o seu compromiso con Galicia e coas mulleres galegas e conxúranse para facer de todas e cada unha das súas reivindicacións un motivo de loita permanente

Reafirman o seu compromiso con Galicia e coas mulleres galegas e conxúranse para facer de todas e cada unha das súas reivindicacións un motivo de loita permanente

Reafirman o seu compromiso con Galicia e coas mulleres galegas e conxúranse para facer de todas e cada unha das súas reivindicacións un motivo de loita permanente

Pachi Vázquez anunciou que este acto, fronte á escultura de Rosalía de Castro en Santiago, nace con vocación de continuidade no PSdeG e celebrarase todos os anos na véspera do Día de Galicia

O dirixente socialista comprometeuse a potenciar as políticas de igualdade que fomenten o emprego feminino, a defender a Lei da Dependencia dos machadazos do Goberno, a defender a actual regulación do aborto e a igualdade de acceso á Educación

Os socialistas recriminan a Feijoo que consinta que as mulleres teñan salarios o 23% máis baixos que os homes e unhas prestacións por desemprego un 18% menores

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, foi o encargado de facer a ofrenda floral ó monumento de Rosalía de Castro e de pechar o acto de homenaxe co que os e as socialistas de Galicia rendían homenaxe ás “Mulleres con Historia”, na Alameda de Santiago.

Pachi Vázquez reivindicou aos pes de Rosalía o compromiso do PSdeG-PSOE con Galicia, que vive “os momentos máis dramáticos da historia da democracia”, con un goberno, o de Feijoo, “que lle da as costas ás políticas de Igualdade, Dependencia e aos servizos públicos”.

A dirixente socialista anunciou que este acto tiña vocación de continuidade e que o PSdeG-PSOE acudiría a véspera do Día de Galicia a depositar unha coroa ante a Estátua de Rosalía de Castro, nun acto que pretenden “sementar un pouco de historia, esquecida, pero imprescindible de todas as mulleres”,argumentou.

No seu discurso, o líder dos socialistas galegos salientou a figura de Rosalía de Castro como unha das mulleres máis sobresaíntes da literatura galega e española e como precursora do movemento feminista. Puxo en valor o seu carácter reivindicativo “nun momento en que non era doado” e o seu compromiso enérxico na defensa da súa terra e da súa lingua.

“E, sobre todo, defendeu a dignidade das mulleres cando estas non tiñan nin voz nin dereito a tela”, resaltou o dirixente socialista.

Vázquez pasou a continuación a dirixirse “ás galegas de corazón”, representantes da mellor Galicia, “da que non se da por vencida”. “Grazas a vos, o socialismo foi gañando espazo, e agora, con todas vós o volveremos a recuperar”, afirmou o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE.

“A dereita non entendeu que igualdade significa xustiza social, pero tamén eficiencia e eficacia económica”, dixo Pachi Vázquez en referencia ás medidas aplicadas por Rajoy e por Feijoo. “Non entenden que, sen o voso talento, será imposible saír da crise”, aseverou.

Recriminou á dereita que “siga permitindo que sobre vós recaian as cifras máis negras do paro, da temporalidade, da precariedade laboral, da fenda salarial”. Acusou a a Feijoo de quedar “impasible ante as vosas nóminas, un 23% inferiores ás dos homes” e de “quedar mudo ante as desiguais condicións nas prestacións por desemprego, un 18% menores que as masculinas”.

Pachi Vázquez considera que Feijoo non pode desentenderse dos machadazos que lle están dando desde o Goberno á Lei de Dependencia, un feito “que condena a moitas mulleres a deixar os seus traballos”.

Recordou o líder socialistas que as mulleres son a metade da poboación polo que se preguntou polas razóns que impiden que non sexan a metade do poder político ou a metade do poder económico, a pesares de ser maioría na universidade.

Compromiso socialista

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE comprometeuse a “facer de todas e cada unha das vosas reivindicacións a miña loita permanente” .

“Comprométome a que paguen máis os que máis teñen, e eses cartos irán para o importante”, afirmou Pachi Vázquez, que avanzou de seguido algunhas desas cuestións, como potenciar as políticas de igualdade destinadas a crear emprego feminino; manter a Lei da Dependencia para que nin unha soa muller galega teña que deixar o seu traballo; defender a actual regulación sobre o aborto “e non permitir que este PP desalmado volva mandar ás mulleres ao recuncho dunha negra historia”; e loitar por conseguir que os nosos fillos e fillas teñan as mesmas oportunidades educativas. “Iso é o importante”, enfatizou Pachi Vázquez.

Homenaxe a veteranas loitadoras e apoio a Carmela Silva

O discurso de Pachi Vázquez tivo tamén espazo para o agradecemento ás mulleres que “marcades o rumbo do PSdeG-PSOE”. Saudou a veteranas loitadoras como María Xosé Porteiro e Rosa Gómez, e a activos do presente como Laura Seara, ex-secretaria de Estado para a Igualdade e deputada, que non puido asistir ao acto por atoparse no congreso dos deputados.

O líder dos socialistas galegos enviou no nome de todos e de todas un afectuoso abrazo para a concelleira de Vigo, Carmela Silva, agora de baixa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar