Raúl Fernández e Gómez Besteiro elixidos Secretarios Xerais das provincias de Ourense e Lugo

Raúl Fernández e Gómez Besteiro elixidos Secretarios Xerais das provincias de Ourense e Lugo

Raúl Fernández e Gómez Besteiro elixidos Secretarios Xerais das provincias de Ourense e Lugo

Raúl Fernández acepta "cheo de responsabilidade" ao tempo que lamenta ter que elixir "a solo uns poucos" para formar a nova Executiva

Foi reelixido este sábado como secretario provincial do PSdeG de Ourense, ao recibir o respaldo do 73,3% dos votos dos delegados.

No II Congreso Provincial do PSdeG ourensano, Fernández obtivo 66 votos, mentres que a candidatura de Pablo López Vidal recibiu 23 papeletas, tantas como avais reuniu para presentar a súa candidatura alternativa a Raúl Fernández.

A votación en urna para elixir o novo secretario provincial socialista contou coa participación de 90 dos 95 delegados provinciais, dos que 15 representaron á cidade de Ourense. No reconto de votos apareceu tamén un voto en branco.

O congreso celebrouse no campus universitario de Ourense e contou coa presenza de decenas de persoas invitadas que asistiron ás intervencións, entre outras, dos dous candidatos á secretaría provincia. Entre as personalidades presentes no conclave atopábase a secretaria executiva de Sanidade do PSOE, Trinidad Jiménez.

Os discursos dos dous candidatos á secretaría provincial previos á votación tiveron contidos diferentes. Así, o do aspirante Pablo López Vidal aludiu á necesidade de recuperar o respecto social para o seu partido "traballando nun modelo diferente", pois o PSdeG da provincia de Ourense non ten agrupación municipal en 24 concellos e noutros 14 non ten nin un concelleiro, ademais de rexistrar un descenso no número de militantes, segundo apuntou.

Fronte a isto, o secretario provincial saínte e reelixido minutos máis tarde, Raúl Fernández, presentou a súa candidatura cunha defensa dos concelleiros socialistas da provincia que exercen oposición en casas do concello gobernadas polo PP, e agradeceu a "achega de todos en momentos difíciles". "Pois sen todos hoxe seriamos menos partido e ninguén é imprescindible, pero todos somos necesarios", argumentou.

CONGRESO DE LUGO

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, foi elixido este por aclamación novo secretario provincial dos socialistas de Lugo, co que toma o relevo do senador Ricardo Varela, que non optaba á reelección. "Recuperar a Xunta de Galicia é o obxectivo inmediato e a unidade para conseguilo ten que ser clara e o traballo continuo", proclamou durante o seu discurso.

A de Gómez Besteiro foi a única candidatura que se puxo enriba da mesa para o segundo congreso provincial de Lugo, que abriu Gaspar Zarrías, secretario de política municipal, e que clausurará, tras a votación das candidaturas aos órganos provinciais, o Secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez.

"Así é como me sinto: orgulloso de ser socialista e preparado para dar este paso adiante. Presento a miña candidatura á secretaría xeral, facendo extensible o compromiso e a responsabilidade que leva consigo tamén ante a sociedade lucense e galega,", proclamou durante o seu discurso o xa novo secretario xeral dos socialistas de Lugo.

Vertebrou sobre catro eixes a súa intervención para xustificar o "paso" dado, "para que o PSdeG volva ser a referencia política" en Galicia, "para loitar en Lugo contra o que non é xusto, para fortalecer o partido e conseguir un novo proxecto maioritario de goberno e para sumar os progresistas en torno a un proxecto de centro esquerda galleguista".

O responsable do organismo provincial confrontou, precisamente, ao modelo do "bilingüismo harmónico" que predica Feijóo co "galleguismo integrador" que afirma asumir, argumentando a que "a neodereitaa quere baleirar Galicia de contido".

"Un paso adiante"

"Dou un paso adiante no que mañá empeza hoxe. Hai moita xente esperando ao cambio para incorporarse ao noso proxecto. O centro-esquerda unido somos maioría neste país. Recuperar a Xunta de Galicia é o obxectivo inmediato e a unidade para conseguilo ten que ser clara e o traballo continuo", advertiu.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar