Rajoy e Feijóo queren desfacerse dos promotores de emprego

Rajoy e Feijóo queren desfacerse dos promotores de emprego

Rajoy e Feijóo queren desfacerse dos promotores de emprego

O portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, reclámalle á Xunta que manteña aos promotores de emprego dedicados a atender persoalmente a mais de 55.000 parados e paradas só en Galicia. O responsable socialista salienta que o goberno central ven de decidir a supresión destes postos o próximo 30 de xuño.

O responsable socialista presentará no Pleno do Parlamento que se celebra na próxima semana unha proposición non de Lei para que a Xunta evite esta supresión ou, no seu caso, “manteña aos 109 promotores de emprego, financiándose, de ser preciso, con fondos propios para a súa contratación”. Advirte da gravidade da eliminación deste servizo cando Galicia se dirixe a superar os 300.000 parados e paradas a final de ano.

Miguel Ángel Fernández apunta que a propia Consellería de Traballo salientaba o 18 de febreiro de 2011, a través dunha nota de prensa oficial, loaba a contratación destes promotores para prestar unha “atención personalizada a máis de 55.000 parados galegos”. Sinala que a Xunta mesmo abunda que o programa vai dirixido a demandantes menores de 30 anos ou aos maiores con mais dun ano no paro e sen prestacións.

En opinión da Consellería de Traballo, estes profesionais dan resposta a “un dos grandes problemas, o do paro xuvenil, pero que tamén vai acercar o servizo de emprego a todos aqueles que o precisan”.

O parlamentario socialista reclámalle ao Goberno galego que tome a iniciativa para reverter a decisión do Goberno central de suprimir a partida destinada a contratar a estes profesionais, un total de 1.500 en todo o Estado e 109 en Galicia. Así o determinan os Orzamentos elaborados por Rajoy, nos que modifican a partida para estas contratacións e que queda reducida á metade e determina o seu remate a finais de xuño.

Paro

O responsable de Emprego do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia lembrou que a Xunta establece, nos orzamentos de 2012, unha previsión de taxa de paro para este ano do 16,2 por cento e un incremento do emprego do 0,1 por cento. A realidade, sinala, é que no primeiro trimestre a taxa de paro está xa no 20,2 por cento e a perda anual de emprego foi do 2,8 por cento.

Sinala que esta situación “debera levar ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a reforzar os Servizos Públicos de Emprego con mais persoal de orientación dado que é preciso atender moitos máis parados e paradas”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar