Rajoy promete un AVE a Galicia "de mentira"

Rajoy promete un AVE a Galicia "de mentira"

Rajoy promete un AVE a Galicia "de mentira"

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, acusou a Rajoy de defender un AVE “de mentira” a Galicia. Logo das afirmacións realizadas onte polo líder do PP, advertiu que o seu proxecto quere substituír o comprometido, licitada e executado por Fomento por unha liña que cruce o padornelo “con vía única e a velocidade convencional”.

Losada cualificou de “ficción traxicómica” o suposto compromiso do líder do PP, xa que o único que acerta a ofrecer é reducir notablemente as prestacións do proxecto que actualmente está en marcha. Así o confirman as reticencias a este proxecto que fixo públicas esta semana.

Engadiu que as declaracións feitas onte por Rajoy “confirman que vai cambiar o proxecto previsto polo Goberno socialista, que ten velocidades superiores aos 300 quilómetros por hora” e que poderá comezar a poñerse en servizo a partir de decembro. Lembrou que o que deixou planificado o goberno do PP do que el mesmo formaba parte “constituía un AVE de chirigota que non pasaba de 200 quilómetros por hora”.

Advertiu que o líder “popular” quere volver ao seu proxecto orixinal “renunciando á verdadeira alta velocidade para Galicia”. Explicou que o único real é o investimento realizado polo Goberno socialista, que executou 3.700 millóns de euros, seis veces mais que os 582 executados polos gobernos do PP.

Sinalou ademais que mentres o goberno do PP licitou obras no ferrocarril galego por 1.710 millóns de euros entre 1996 e 2004, o goberno socialista, desde entón, en menos tempo licitou tres veces mais, ata 4.500 millóns de euros.

Dixo que “ese é o único compromiso que os galegos queren ver, mentres o que Rajoy quere é vir a Galicia de vacacións e o que ofrece é a súa xestión de manipulación e mentira da catástrofe do Prestige”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar