Rajoy fixo os orzamentos menos sociais da historia

Rajoy fixo os orzamentos menos sociais da historia

Rajoy fixo os orzamentos menos sociais da historia

A senadora socialista por Pontevedra, Ángeles Marra, criticou esta mañá na Cámara Alta os Presupostos Xerais do Estado 2013, aprobados polo PP no Congreso e que se comezan a tramitar agora no Senado, e cualificounos de "os presupostos menos sociais da historia". Marra subliñou que as contas públicas elaboradas polo Goberno se caracterizan pola súa nula credibilidade e por establecer unha estratexia equivocada para loitar contra o principal problema deste país: o desemprego.

A parlamentaria do PSOE reclamou ao Executivo que refaga estes Presupostos, que se apoie en datos macroeconómicos realistas e que elabore políticas de estímulo ao crecemento económico.

Ángeles Marra referiuse nestes termos na Comisión de Presupostos tras a comparecencia do Secretario de Estado de Economía e Apoio á Empresa, Fernando Jiménez Latorre.

Marra comezou a súa intervención recordando que xa se cumpriu un ano da chegada ao Goberno de Mariano Rajoy e que, dende entón, o balance de xestión foi profundamente negativo para España e para os españois. Como expuxo a continuación, agora hai máis recesión, máis paro (supera o 25% da poboación activa cun incremento en 2012 de 600.000 desempregados, moitos deles, mozos) e desigualdade que hai un ano. A todo iso, hai que sumar os recortes inxustos en educación, sanidade e dependencia cos que nin sequera se vai poder controlar o déficit e a débeda publica.

Seguidamente, a senadora socialista indicou que estes Presupostos de 2013 reproducen os mesmos erros que os presentados en 2012 porque afondasen na destrución de emprego, na recesión da economía española e será unha volta máis no proceso de desmantelamento do Estado de Benestar do noso país".

Ángeles Marra subliñou a errática xestión do Goberno neste sentido e recordou como hai uns meses o Executivo se decatou do pouco realistas que eran os presupostos de 2012 e tivo que recortar 10.000 millóns de euros adicionais en educación e sanidade para, máis tarde, dar luz verde a un Decreto Lei con mais recortes que supoñía unha emenda á totalidade daqueles presupostos.

Marra resaltou dúas debilidades básicas das contas públicas que agora se tramitan no Senado. En primeiro lugar, a súa nula credibilidade e a desconfianza que xera, xa que son uns presupostos inconsistentes para cumprir os obxectivos de déficit debido ás cifras irreais de ingresos e gastos públicos manexadas polo Goberno.

Por outro lado, destacou a estratexia equivocada destes presupostos xa que fracasan na política económica dirixida a loitar contra o principal problema deste país: o desemprego.

A parlamentaria do PSOE sinalou que "o Goberno parte dunhas previsións de decrecemento do PIB español do 0,5% mentres que a media das previsións que manexan organizacións internacionais e analistas falan de que caerá un 1,5%. As desviacións destas cifras poderían custar ás arcas públicas entre 3.000 e 5.000 millóns de euros".

Ángeles Marra tampouco se esqueceu das previsións pouco realistas en canto ao cumprimento do déficit e á taxa de desemprego a final de ano que será, segundo os indicadores internacionais, dun 26,6% e non un 24,3% como prevé o Goberno. Marra reprochou ao PP a súa falta de realismo e de consistencia no cadro macroeconómico e advertiu de que é imprescindible revisar esta senda e o ritmo de consolidación fiscal.

Neste punto, a senadora pontevedresa reclamou o Goberno que refaga estes presupostos tendo en conta unhas previsións macroeconómicas máis realistas e agregou que son inconsistentes coas cifras de ingresos e gastos e fundamentalmente carecen da necesaria credibilidade nun momento crucial da nosa economía. "Os presupostos, matizou, deben xerar confianza e credibilidade nas contas publicas e economía española, teñen que ser máis realistas en materia de crecemento e no referido á taxa de desemprego".

Tamén incidiu na idea de que a estratexia de crecemento non é a correcta porque non aposta por políticas auténticas de crecemento e aclarou que a maior parte dos gastos están centrados en pagar os intereses de débeda. "Existen outras alternativas, puntualizou, non só austeridade e controlar o déficit. Débense buscar estímulos ao crecemento posto que é necesario incrementar os ingresos".

Ángeles Marra concluíu asegurando que estamos ante os presupostos menos sociais da historia" e explicando que "o Goberno recorta en partidas que son básicas para xerar crecemento e en políticas activas de emprego aínda sabendo que se vai incrementar o desemprego. Recorta en investimento en I+D+i o que leva consigo unha evidente perdida de competitividade e segue recortando en todo aquilo que determina un crecemento para o futuro desta economía".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar