Rajoy débelle a Galicia 111 millóns de euros de axudas á Dependencia

Rajoy débelle a Galicia 111 millóns de euros de axudas á Dependencia

Rajoy débelle a Galicia 111 millóns de euros de axudas á Dependencia

atención a la dependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiulle hoxe ao novo conselleiro de Política Social que paralice o decreto de reavaliación de dependentes, aumente o orzamento e lle reclame a Rajoy os 111 millóns que lle detraeu aos galegos e galegas en materia de Dependencia.

Gallego presentou unha interpelación na que lle reclamou ao novo conselleiro que “comece por recoñecer o incumprimento da Lei de Dependencia en Galicia e comecemos a remediar este absoluto desastre”. Lembrou que Galicia é unha das autonomías con maior lista de espera, onde o 41 por cento das persoas co dereito recoñecido non reciben a prestación, fronte ao 10 por cento de Asturias.

A responsable socialista considera “matematicamente imposible” que o goberno galego poida atender a 10.000 persoas mais durante o ano 2016 co nivel actual de orzamentos e sen os 111 millóns retirados polo goberno central. Advertiu que mentres con Zapatero o goberno central transferíalle a Galicia o 40 por cento do financiamento, hoxe tan só traslada o 19 por cento, un 30 por cento menos do que lle corresponde.

Sinalou que “como moito tan só poderán reducir a lista de espera en 3.500 persoas, a non ser que queiran recortar aínda mais o gasto medio por dependente para que desistan os que están en lista de espera ou morran antes de percibir a súa prestación”.

Prazas libres

Carmen Gallego advertiu que o goberno galego está a provocar o incremento de prazas libres “obrigando aos dependentes a elixir entre comer e ir ao Centro de Día”. Explicou que Galicia é a segunda autonomía na que os usuarios teñen que afrontar un maior copago pola axuda á Dependencia, cun incremento do 40 por cento.

Esixiu a derrogación do decreto que estipula a reavaliación dos dependentes e que obriga a que as persoas con leiras “que non valen nada” pasen de pagar 300 a 500 euros cando contan cunha pensión de apenas 700. Cualificou de “absoluta barbaridade” que un Centro de Día no que un veciño pode pasar o 20 por cento do seu tempo supón o 80 por cento da súa pensión por un incremento “inhumano” nos copagos.

Acusou á Xunta de amparar o desmantelamento da Lei de Dependencia pola vía dos feitos “castigando ás persoas que mais a necesitan para cambiar o modelo social e substituír un dereito legal por caridade e beneficencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar