Quintas: "O anuncio de despidos na Deputación de Ourense confirma a utilización da institución con fins electorais"

Quintas: "O anuncio de despidos na Deputación de Ourense confirma a utilización da institución con fins electorais"

Quintas: "O anuncio de despidos na Deputación de Ourense confirma a utilización da institución con fins electorais"

A secretaria de Organización de Ourense, María Quintas, afirma que as declaracións de Baltar sobre despidos na Deputación confirman “a utilización da institución con fins electorais, enganado á xente prometéndolles un traballo que agora non pode ser pola insostible situación das contas do Pazo provincial”.

Quintas considera que a utilización partidista da Deputación, as políticas caciquís, o clientelismo que foi sempre bandeira do Partido Popular de Ourense prometendo empregos pola provincia adiante, só conducen do atraso dunha provincia que non inviste en políticas de desenvolvemento económico e unha Deputación endebedada.

“O empregado máis caro da Deputación é Baltar, porque no século XXI a Deputación de Ourense traballa como no século XIX, e as súas políticas caracterízanse polo despilfarro e o descontrol”, explica Quintas, “algo que os socialistas levamos denunciando desde hai máis de vinte anos”.

Así, o pasado sábado o BOP publicaba a suspensión de subvencións que foron outorgadas a dedo en período preelectoral, pero que agora non se poden manter porque a situación é insostible.

A secretaria de Organización provincial critica así mesmo “a desfachatez” de Baltar que di “que lle está perdendo cariño ao movemento 15-M” trala protesta do pasado mércores.

“O problema de Baltar é que non lle chegaron os trifásicos para todo o seu partido e ten a media provincia descontenta, os infieis aos que agora vai despedir da Deputación”, conlúe.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar