Quintas lémbralle a Feijóo que "nin a educación, nin a sanidade, nin o sistema de protección social son os culpables da crise"

Quintas lémbralle a Feijóo que "nin a educación, nin a sanidade, nin o sistema de protección social son os culpables da crise"

Quintas lémbralle a Feijóo que "nin a educación, nin a sanidade, nin o sistema de protección social son os culpables da crise"

A candidata socialista pola provincia de Ourense, María Quintas, advertiulle a Feijoo e ao PP que “nin a educación pública, nin a sanidade pública nin o sistema de protección social son os causantes da crise”. María Quintas fixo estas declaracións hoxe na Peroxa, onde estivo acompañada polo deputado nas Cortes Xerais, Jesús Caldera, así como por outros membros da candidatura.

Neste senso, dixo que “os socialistas precisamos do apoio da cidadanía porque hai outro xeito de facer as cousas, porque con esta política do PP non imos por bo camiño”. “O PP parece non se entera que esta crise no é culpa da educación nin da sanidade pública, nin do sistema de protección social, que construímos con tanto esforzo ao longo de xeracións e que esta dereita ideolóxica quere desmantelar”, sentenciou a candidata.

Quintas asegurou que “outra forma de facer política é posible, por iso nos primeiros 100 días de goberno socialista ás políticas sociais serán unha prioridade, aprobaremos unha Lei para blindar o gasto en sanidade e educación”.

A candidata dixo ademais que “non imos consentir que se subvencionen centros que separan os nenos das nenas. Porque é ilegal, e porque separar as nenas é discriminar as mulleres mañá. Como tampouco consentiremos que os pensionistas paguen os medicamentos, porque é inxusto e ineficaz”.

Nese senso, Quintas reivindicou tamén que ”os socialistas non queremos caridade para os dependentes, queremos xustiza”, dixo isto porque “1.241 dependentes quedarán sen a atención que precisan na provincia de Ourense, porque sabemos que 1.241 coidadores serán despedidos como consecuencia da política do PP de recortarlle dereitos aos máis débiles”

“Para que todo isto sexa posible é necesario un cambio en Galicia, un cambio que lograremos si votan todos aqueles que están cansados dun goberno que minte e que o fai contra os máis débiles” e lembrou que “hai alternativa e estas políticas de sufrimento de Rajoy e de Feijoo, é posible un goberno que par o cal o cidadáns sexan o primeiro. “Si votamos o cambio é posible” , concluíu.

Pola súa banda, Jesús Caldera, que tamén participou nunha reunión sectorial de medio ambiente en Ourense, avogou por poñer en valor os recursos ambientais de Galicia como unha forma de xerar riqueza e progreso.

Neste senso, acusou a “dereita de non ver a oportunidade que supón o medio ambiente para remontar a economía, xa que é o primeiro que recortan cando chegan ao Goberno”. Caldera dixo que “ o medio ambiente non só xera empregos, senón que os países máis desenvolvidos economicamente falando son aqueles que apostan polo entorno, polo medio natural”. “A política medioambiental ademais de ser una oportunidade é unha exixencia para a nosa supervivencia, para un desenrolo económico e social sostible”, concluíu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar