Quintas espera a actuación das autoridades competentes tras a "escandalosa" actitude de Baltar que recoñece publicamente ter cometido delicto electoral

Quintas espera a actuación das autoridades competentes tras a "escandalosa" actitude de Baltar que recoñece publicamente ter cometido delicto electoral

Quintas espera a actuación das autoridades competentes tras a "escandalosa" actitude de Baltar que recoñece publicamente ter cometido delicto electoral

A secretaria de Organización da CEP, María Quintas, cualifica de “escandalosa” a actitude de Baltar que recoñece publicamente haber cometido un delicto electoral, e espera a actuación das autoridades competentes ante estas manifestacións que demostran o denunciado de forma reiterada polo Partido Socialista en canto á carretaxe de votos.

Quintas afirma que “Baltar, o representante máis significativo do PP nesta provincia, é tamén o representante do descrédito político”.

Manifesta que “realmente ruboriza ver que un presidente dunha Deputación fala de cómo emprega ilegalmente a traballadores nesta institución, como no caso do arxentino, “que nin sequera era do PP nin llo habían pedido”, segundo el mesmo afirmou”.

“Estamos chegando ao esperpento nacional”, apunta, “mentres se permite pagar con diñeiro de todos os ourensáns un programa a unha cadea nacional que veu a facer unha pantomima co presidente da Xunta de Galicia”.

A dirixente socialista considera que “as mentiras e a manipulación do Partido Popular en Ourense ten estos días o seu reflexo nos titulares sobre Xero, que amosan que as promesas durante a campaña electoral sobre esta empresa non eran máis que un bluff”, para as que Baltar contou coa complicidade da Xunta, “coa complicidade do conselleiro Javier Guerra que non investiu nin un só euro na provincia de Ourense para crear emprego”.

“Baltar recoñece publicamente delictos tipificados pola Xustiza, polo que pese a non ser a primeira vez, os socialistas e os ourensáns estamos asombrados en primeiro lugar pola desvergonza dos feitos, e en segundo lugar pola falta de actuación das autoridades competentes”, afirma.

Por último, Quintas lembra as denuncias que de forma reiterada se fixeron dende o Partido Socialista sobre as irregularidades do Partido Popular na provincia de Ourense, e as críticas ao inmobilismo do PP e ás súas pelexas fraticidas que só devalúan as oportunidades de desenvolvemento desta provincia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar