Quintas di que a Lei de Turismo de Feijoo “é unha autentica farsa que non conta co apoio do sector”

Quintas di que  a Lei de Turismo de Feijoo “é unha autentica farsa que non conta co apoio do sector”

Quintas di que a Lei de Turismo de Feijoo “é unha autentica farsa que non conta co apoio do sector”

A portavoz de Turismo do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Maria Quintas asegurou hoxe no debate do Pleno do Parlamento que o Proxecto de Lei de Turismo de Galicia é “revisionista”. Quintas sinala que este Proxecto de Lei “é oportunista, caracterizase pola improvisación”, e insiste “é un texto superfluo e baleiro de contido”. Dixo que a súa única finalidade “é un anuncio mediatico mais do Goberno de Feijoo”, e cualificouna coma unha autentica “farsa”.
Asegura que a folla de ruta do Turismo en Galicia debe desenvolver “unha mellora das infraestructuras, difundir as actividades turísticas, incentivar a creación de ofertas atractivas e promover axeitadamente os activos cos que conta”. Subliña que en 2008 máis dun millón de persoas visitaron o noso pais para facer turismo cultural, segmento que moveu máis de 1,4 millóns de euros (o 2,5% do PIB).
Así as cousas Quintas denuncia que o Goberno de Feijoo “carece de propostas estructurais en materia de turismo”.
A parlamentaria socialista dixo que os cambios que se introducen nesta normativa, segundo se recoñecen no informe da propia consellería de Cultura e Turismo “alcanzan fundamentalmente a unha ducia de cuestións”. E lembra que a “lei paraugas” actualmente en vigor “xa elimina a autorización previa para as empresas turísticas, e permite que os establecementos funcionen coa realización dunha declaración responsable por parte do seu titular, ou establece a modificación de prezos sen control previo da Xunta”, insistiu.
Quintas critica ademais que o Goberno de Feijoo “ten esquecido ao sector da hostalería de Galicia na elaboración desta normativo”. Sinala que presentaron 24 escritos “que non foron atendidos”. Dixo que o Partido Popular “apela a unha Lei de mínimos para acadar consenso”. E asevera que o resultado da súa nefasta xestión “foi o Xacobeo, exemplo de despilfarro, de amiguismos, mentres os resultados foron mediocres”, espetou.
Mais compromiso
A deputada dixo que dende o PSdeG-PSOE apostamos por unha normativa “máis comprometida co sector, mais concreta, unha lei útil para o sector, eficaz, operativa e que aporte seguridade xurídica”.
As emendas do PsdeG-PSOE tiñan como fianliade dar contido e representación tanto á Admon. Local, como os verdadeiros implicados: empresas, sindicatos, representantes do coñecemento e expertos do sector. E tamen tentamos clarificar os prazos e aspectos legais para dornos dunha regulación que aporte seguridade xuridica..
Creacion do Consello de Turismo
Sobre a proposta de creacion do Consello de Turismo “lamentamos que o PP non considere relevante proporcionar un contido real a este organismo”. No que se refire a nova clasificación de establecementos hoteleiros que plantexa o proxecto desaparecendo os Hostais e “recuperando o caduco e en moitos casos peiorativo termo de Pensión”. Sinala que “lamentamos que non se considere a clasificacion de 1, 2, e 3 estrelas para os hostais e se deixe o termo pensión como clasificación”.
Axencia de Turismo de Galicia
Quintas cualifica de “sorprendente a emenda do PP para crear unha Axencia de Turismo de Galicia”, xa que a Lei 16/2010, de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público galego, aprobada polo propio PP na presente Lexislatura, establece unha serie de garantías e condicións previas que se deben cumprir para poder proceder á creación dunha Axencia, e que evidentemente non se dan na emenda presentada.
Por ultimo dixo que Feijoo “decidiu deixar para a historia unha rúbrica nunha Lei que non da solucións nin os problemas actuais do sector e o que é moito máis grave, deixa ó sector sen futuro”. resumiu. “Os resultados turísticos reflexan claramente a pasividade e a incompetencia da Xunta, cando toda España repunta, en Galicia descende”, concluíu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar