Quintas denunciou que “ a liberalización dos horarios comerciais mata ao pequeno comercio que non poden competir coas grandes superficies”

Quintas denunciou que “ a liberalización dos horarios comerciais mata ao pequeno comercio que non poden competir coas grandes superficies”

Quintas denunciou que “ a liberalización dos horarios comerciais mata ao pequeno comercio que non poden competir coas grandes superficies”

A candidata socialista pola provincia de Ourense, María Quintas, sentenciou que “a liberalización dos horarios comerciais mata ao pequeno comercio que non poden competir coas grandes superficies”.

Así o dixo na feira de Ourense, acompañada polo resto de integrantes da candidatura, e na cal defendeu que “o pequeno comercio é clave para o desenvolvemento económico e social de Ourense, pero tamén de Galicia, por isto dixo que “os socialistas estamos totalmente en contra da liberalización dos horarios comercias, porque sabemos que o pequeno comercio non pode competir coas grandes superficies”.

Nese senso reiterou que “os socialistas apostamos polo pequeno comercio porque sabemos que deles viven miles de familias e que son o motor económico dunha sociedade como a nosa, por isto adiantou que “en vez de afogar aos pequenos comerciantes estableceremos impostos as grandes superficies”.

A candidata dixo que “fronte ao PP que aposta polas grandes empresas, polas grandes superficies beneficiándoas coas súas políticas, o socialistas creemos en políticas que non xeran desigualdade, que sexan xustas co pequeno comercio e coas pequenas empresas, e por iso Quintas matizou que “é necesario poñer en circulación créditos para as pequenas empresas, que as axuden a impulsar os seus proxectos e que as axuden a crear emprego”.

Quintas advertiu que “o único que fixo Feijoo, que é o PP que non nos engane, polo pequeno comercio e polas Pymes foi subir os IVE e deixar de executar case o 50% do orzamento do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)”.

Quintas asegurou que “ é posible goberno que se preocupe polo pequenos comercio, que garanta a sanidade, a educación, o emprego… un goberno que aposte pola igualdade entre todos”. “Non nos deixemos enganar, hai recursos económicos suficientes para saír de esta crise de outra maneira, sen deixar á intemperie a quenes máis necesitan do noso apoio”, concluíu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar