Quintas cualifica a Lei de Turismo de Feijoo como “revisionista, inadecuada e baleira de contido”

Quintas cualifica a Lei de Turismo de Feijoo como “revisionista, inadecuada e baleira de contido”

Quintas cualifica a Lei de Turismo de Feijoo como “revisionista, inadecuada e baleira de contido”

A portavoz de Turismo do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Maria Quintas asegurou hoxe no debate do Pleno do Parlamento que o Proxecto de Lei de Turismo de Galicia é “revisionista”. Quintas sinala que este Proxecto de Lei “é inoportuna e inadecuada e obedece fundamentalmente a un mero acto de protagonismo mediático, baleiro de contido”.

Asegura que os cambios introducidos por Feijoo so afecta a unha ducia de cuestións, e afirma que “as reformas introducidas non supoñen ningunha mellora substancial, para o desenvolvemento do sector”. Ademais replica que a propia administración “esta autocorrexindose” con esta normativa, e critica que a Xunta “vende como novidades cuestións que xa constaban na lexislación”.

Na súa intervención Quintas analizou o panorama turístico na nosa Comunidade e dixo  que “Galicia ten os peores datos de turismo e de rendibilidade económica do sector, asi como de emprego da súa historia recente”. Pola cotra subliñou que mentres os datos do Estado español, repuntan e consolídanse, e en Galicia desfondase. Nese preguntou ao responsable autonómico cales con as prioridades do sector turístico do Goberno de Feijoo.

Lembra ademais que esta Lei non constaba como unha prioridade lexislativa, nin formaba parte dos compromisos electorais do propio Partido Popular. Por iso afirma que  esta normativa  obedece claramente á  improvisación e o oportunismo do Partido Popular. A parlamentaria socialista sinala ademais que non existe constancia verificable das supostas demandas previas do sector ao respecto.

Argumenta tamén que a promulgación do “Plan de Acción do Turismo de Galicia 2010 – 2013”, sinala que non é convinte a redacción dun Plan estratéxico ata que non se teña executado polo menos o 50 % do presente Plan de acción. Por iso afirma que “hoxe estamos a asistir a outro anuncio propagandístico, pero sen soporte legal”, espetou.

A Xunta escenifica a descoordinación dun sector estratéxico

Quintas dixo que a xestión da Xunta “escenifica a descoordinación, incoherencia e desinterese por un sector estratéxico para Galicia”. Coas cifras na man asevera que “a dotacións orzamentaria para este sector descenderon nun 33 % no ano 2011”,  respecto aos anos anteriores. E para o actual exercicio son unicamente 52 millóns de euros “unha caída que triplica a baixa xeral producida nos orzamentos da Comunidade Autónoma”.

A portavoz de Turismo dixo que Feijoo non ten intención real de apoiar ao turismo xa que por unha banda, o Goberno contaba cunha lei consensuada co sector, na que o propio PP se abstén. E por outra banda “improvisa unha lei propia, que recolle máis do 70% da anterior, e non recolle na súa meirande parte as alegacións dos Concellos e asociacións, e deixa pendente de regulamentación aspectos fundamentais, cun prazo un de 2 anos insuficiente, é dicir unha lexislatura completa no limbo”.

A deputada afirma que ate o de agora “tódalas políticas activas no sector turístico en Galicia puxéronse en marcha por outras administracións, e non polo Goberno Galego”.

Quintas argumenta que con esta normativa Feijoo pretende xustificar a ausencia de xestión o longo da lexislatura en materia turística. Replica que como consecuencia desta inanición, ineficacia, frivolidade e ausencia de xestión os resultados de turistas, pernoctacións e rendibilidade económica así como de emprego son os peores da Historia de Galicia sobre todo en comparación co resto do Estado.

Creación dunha Axencia de Turismo

Sobre a creación dunha Axencia de Turismo de Galicia sinala que a Lei 16/2010 de organización e funcionamento da Administración aprobada polo propio PP establece unha serie de garantías e condicións previas e que non dan na emenda presentada polo Partido Popular. Por iso denuncia que esta emenda incumpre a Lei que promove.

Cifras

Sobre as cifras turísticas deste ano, explica que nos primeiros sete meses de 2011, rexistrouse unha diminución do 9,8% en relación a 2007, e 12,1% en relación ao Xacobeo. Ademais, por sétimo mes consecutivo, os prezos caen o 6,9% en relación a xullo de 2010. E ocupábanse só 42,8% dos hoteis en Galicia, mentres en todo o estado do foi 67,3%. Galicia rexistrou un 10,5% menos de pernoctacións que en 2010, é o terceiro peor rexistro do Estado.

Xacobeo

Dixo tamén que o último Xacobeo foi un exemplo do despilfarro institucional, en época de crise, xa que se usaron os fondos públicos non para promocionar Galicia, senón para beneficiar a destacados dirixentes do PP, e mesmo discriminando empresas galegas.

Por ultimo reclamou ao Goberno de Feijoo que non teña unha actitude miserable co sector turístico de Galicia “xa que despois dunha lexislatura perdida no limbo é capaz de botar a culpa aos peregrinos da situación actual”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar