Quintas considera “unha pantomima” a Lei de Turismo

Quintas considera “unha pantomima” a Lei de Turismo

Quintas considera “unha pantomima” a Lei de Turismo

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, María Quintas, dixo hoxe que a Lei de Turismo da Xunta é “unha pantomima”. No debate en Comisión desta Lei, dixo que “conxela o orzamento destinado ao turismo ata 2014, e “reincide nos aspectos que xa aprobaran e non desenvolveran na Lei de 2010” para adaptar a normativa galega á directiva comunitaria.

Dixo así que a Memoria Económico – Financeira que acompaña ao texto establece que os fondos dedicados ao sector turístico permanecerán conxelados en 52 millóns de euros durante os próximos dous exercicios. Dixo que “ate o de agora tódalas políticas activas no sector turístico tense posto en marcha por outras administracións e non polo goberno galego”.

Cualificou a norma de “outro anuncio propagandístico” que evidencia a “ineficacia manifesta” do Goberno galego que amosa a súa “descoordinación, incoherencia e desinterese” polo sector. Lembrou que os orzamentos para turismo descenderon un 33 por cento no ano 2011 con relación aos anos anteriores, limitándose a 52 millóns de euros para este exercicio.

Este descenso, que triplica a baixa xeral nos orzamentos da Comunidade Autónoma, provocou que Galicia teña o maior descenso do turismo en todo o Estado, cunha caída do 17,5 por cento. Ademais, mentres no Estado ocupábanse o 67,3 por cento dos hoteis, en Galicia a cifra chegaba só ao 42,8 por cento, cun 10 por cento menos de pernoctacións que no ano anterior.

Advertiu que este é o resultado de que a Xunta “non levara a cabo a mellora das infraestruturas, difusión de actividades turísticas, incentivar a creación de ofertas atractivas, promover os activos galegos ou impulsar a formación no sector, o impulso das novas tecnoloxías ou o apoio á calidade.

Emendas

Os socialistas galegos presentaron un total de 36 emendas destinadas a garantir a representatividade do sector e garantindo a participación dos concellos, así como ás empresas, sindicatos, representantes do sector e expertos, clarificando os prazos e aspectos legais “para dotarnos dunha regulación que aporte seguridade xurídica” e dotando de contido ao Consello de Turismo.

Sinalou que o PP “tan só considerou 3 emendas das presentadas polos socialistas galegos –ademais de dúas transaccionadas-, o que –ironizou- demostra a intención de consenso por parte do Goberno galego”. Sinalou que entre estas emendas destaca a que determina que “non se considerarán empresas de aloxamento turístico aquelas que teñan como finalidade inducir, promover ou favorecer a explotación ou comercialización sexual”.

Salientou tamén como “sorprendente” que sexa o propio Grupo Popular o que emende a Lei elaborada polo Goberno galego para crear unha Axencia do Turismo de Galicia”, o que supón “crear un novo chiringuito na administración autonómica”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar