Quintas advirte que o “estado de excepción” decretado na CRTVG para controlar aos traballadores “pode ser ilícito á vista dun xuíz”

Quintas advirte que o “estado de excepción” decretado na CRTVG para controlar aos traballadores “pode ser ilícito á vista dun xuíz”

Quintas advirte que o “estado de excepción” decretado na CRTVG para controlar aos traballadores “pode ser ilícito á vista dun xuíz”

María Quintas denuncia que o ente público queira “amedrentar, xerarquizar, e bloquear o traballo diario dos traballadores polo Grande Irmán que os vixía”

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, María Quintas, sinalou hoxe que o “estado de excepción” decretado no ente para incrementar o control aos traballadores “pode ser ilícito á vista dun xuíz”. Na comparecencia do director xeral do ente denunciou o intento de “amedrentar, xerarquizar e bloquear o traballo diario dos traballadores polo Grande Irmán que os vixía”.

A deputada socialista lamentou que a dirección do ente teña emitido unha normativa de uso dos sistemas de información da CRTVG de forma unilateral e sen consulta algunha. Sinala que “semella un bando de guerra” ao permitir a revisión dos correos electrónicos, os arquivos dos servidores dos seus traballadores e calquera sesión de acceso a internet iniciada por un usuario dentro da rede de CRTVG.

Criticou que a nova norma regule a vestimenta, presenza e actitude dos traballadores, prohiba o envío de mensaxes en cadea e vete a participación en foros de discusión, listas de distribución ou grupos de noticias que comprometan a reputación da CRTVG. Esta “concepción xerárquica e autoritaria”, dixo, provoca “incerteza e inseguridade” entre os profesionais e abre a porta a unha “arma contra expresións sociais, políticas e laborais dos traballadores”.

Venganza burda

Quintas explica que a realidade é que esta normativa constitúe unha “venganza burda para rematar con actividades da rede como o eu non manipulo”, unha iniciativa dos traballadores que “denuncia unha e outra vez manobras da empresa para ocultar ou maquillar a realidade”. Lembra que o propio Comité de Empresa denunciou “alto e claro” a manipulación informativa dos servizos informativos.

Criticou que o ente responda con “ameazas” de medidas disciplinarias contra os seus traballadores e ironizou preguntando si “van cachear aos traballadores e traballadoras para comprobar si portan dispositivos electrónicos non autorizados”. Criticou as semellanzas desta norma “con tempos pasados da Sección Feminina e da Lei de Buenas Maneras y Costumbres”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar