Quintas advertiu que “O PP ten a clara intención de privatizar a sanidade pública, por iso mingua a súa calidade e pecha hospitais”

Quintas advertiu que “O PP ten a clara intención de privatizar a sanidade pública, por iso mingua a súa calidade e pecha hospitais”

Quintas advertiu que “O PP ten a clara intención de privatizar a sanidade pública, por iso mingua a súa calidade e pecha hospitais”

A candidata socialista pola provincia de Ourense, María Quintas, sentenciou que “O PP ten a clara intención de privatizar a sanidade pública, por iso mingua a súa calidade e pecha hospitais”. O peche deste centro hospitalario amosa unha vez máis o que vimos advertindo os socialistas, a aposta clara do PP por privatizar a sanidade pública”. Fixo estas declaracións con motivo do Día Mundial da Saúde Metal no Hospital Psiquiátrico de Toén, pechado e abandonado pola Xunta de Galicia.

 

Quintas dixo “queremos denunciar os recortes sanitarios que se veñen producindo durante os últimos 4 anos de goberno de Feijoo e o peche deste hospital é un exemplo máis política do PP en materia sanitaria”  e puntualizou que “mentres a xerente do CHUOU, Eloína Núñez (prima de Feijoo) pecha hospitais, crea unha praza hospitalaria para o seu marido, unha praza por certo que non existe no resto de Galicia”.

 

A candidata socialista reiterou que “esta política de restrición que tanto lle gasta ao PP leva ao peche desta instalación para trasladar aos enfermos á primeira planta do Hospital de Piñor,  o que conleva a que haxa menos camas, e en xeral menos espazo de utilidade médica para o resto de enfermos, sabendo que os hospitais ourensáns están saturados”

 

Quintas puxo en valor que “se trataba dun espazo dedicado a unhas patoloxías concretas, un espazo onde os persoas tiñan, ademais da atención medica específica  unhas instalacións que lle permitían e facilitaban a súa integración”.

 

A candidata socialista ensinou unha copia do contrata polo cal o concello de Toén cedía no ano 1958 os terreos para crear un espazo médico asistencial.

 

Quintas lembroulle a Feijoo que “temos aquí unha copia do contrato que ten saída o 22 de febreiro do 1958, polo cal estes terreos son cedidos polo concello de Toén especificamente para ser espazos médicos asistenciais”.

 

“Queremos lembrar isto porque é fundamental, nunca entendemos o porqué do abandono deste complexo”, incidiu a candidata.

 

Nese senso, advertiulle a Feijoo que “lexislativamente hai un contrato asinado no ano 1958 para que estes terreos sexan única e exclusivamente para uso medico asistencial, esperemos que o goberno de PP non teñan intención de dedicalos a outra cousa, porque estaremos aí os socialista para que se cumpra a lei”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar