Quintas: “Feijóo quítalle aos ourensáns o dereito a unha asistencia sanitaria digna”

Quintas: “Feijóo quítalle aos ourensáns o dereito a unha asistencia sanitaria digna”

Quintas: “Feijóo quítalle aos ourensáns o dereito a unha asistencia sanitaria digna”

A candidata socialista pola provincia de Ourense, María Quintas, sentenciou que “a política de dereita exterminadora que leva acabo Feijoo e Rajoy o que fai é quitarlle dereitos aos ourensáns imposibilitándolles unha asistencia sanitaria digna”.

A candidata socialistas fixo estas declaracións, diante do solar baleiro do centro de Saúde do Vinteún, acompaña por representantes das asociacións de veciños do barrio da Ponte e pola portavoz no Congreso Soraya Rodríguez.

Nese senso, denunciou que “cada vez que estamos en época electoral Feijoo di que vai a construír hospitais, centros de saúde… que aposta pola sanidade, e sen embargo hoxe estamos ante un solar baleiro onde debía estar o novo centro de Saúde do Vinteún”.

Quintas dixo que “queremos denunciar os recortes sanitarios que se veñen producindo durante os últimos 4 anos de goberno de Feijoo e a paralización deste centro de Saúde do Vinteún é un exemplo máis desta política exterminadora do PP en materia sanitaria” e reiterou que “estes anos de goberno de Feijoo ao fronte da Xunta supuxeron para a sanidade ourensá; o pago de medicinas aos pensionistas e menos centros de saúde.”

A candidata socialista ensinou unha un documento asinado por tódalas asociacións de veciños, no que reclaman a construción deste centro de saúde como unha necesidade fundamental para a súa boa asistencia sanitaria.

Quintas asegurou que “reclamamos en campaña, como vimos facendo dende hai tempo a través do Concello de Ourense e do Parlamento de Galicia, a construción deste centro de saúde porque entendemos que os veciños da Ponte teñen dereito a unha asistencia sanitaria digna”.

Neste senso, advertiulle a Feijoo que “os terreos están cedidos polo concello de Ourense para construír o centro de saúde e o proxecto quedou licitado pola anterior goberno socialista da Xunta de Galicia, polo que non hai escusa para non facelo”.

Pola súa banda, a portavoz no Congreso, Soraya Rodríguez, asegurou “Rajoy ven a apoiar a Feijoo a Galicia e Feijoo se escapa a outra punta, non queren coincidir xuntos na foto porque saben que o 71% dos galegos rexeitan a política que está levando a cabo Rajoy”.

Neste senso, dixo que “Feijoo esconde as siglas do Partido Popular, pero todos sabemos que Feijoo é o PP, é Presidente da Xunta polo PP, non sería nada sen o PP” e asegurou que “ Feijoo non só representa o programa do PP, senón que ademais fai grandes aportacións ideolóxicas, pero sobre todo o que fai é obedecer a Rajoy”.

Rodríguez dixo que “este solar baleiro, represente o solar da sanidade pública que temos hoxe en España, Feijoo non vai a comprometerse coa sanidade pública galega porque o PP non ten ningún compromiso coa sanidade pública”, e advertiu que “ o único compromiso que ten Rajoy é con sectores económicos do Estado e tamén galegos para privatizar a sanidade”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar