Queremos un pleno extraordinario para que Feijóo rectifique tras erosionar a posición de Galicia coa AP-9

Queremos un pleno extraordinario para que Feijóo rectifique tras erosionar a posición de Galicia coa AP-9

Queremos un pleno extraordinario para que Feijóo rectifique tras erosionar a posición de Galicia coa AP-9

O portavoz parlamentario dos socialistas galegos, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou esta mañá que o seu grupo vén de activar a petición dunha reunión da deputación permanente co respaldo dos outros dous grupos da oposición. O obxectivo é convocar canto antes un pleno extraordinario para darlle a Feijóo “a oportunidade de rectificar” despois de “erosionar a posición de Galicia” na reclamación da transferencia da AP-9 tras ter chegado a un acordo unánime no Parlamento de Galicia.

 

“Chamame a atención de forma intensa que desde a presidencia da Xunta un dos últimos cometidos sexa o de erosionar a posición de Galicia poñendo en cuestión que sexa interesante para nós que a AP-9  se xestione desde a comunidade autónoma”, explicou Leiceaga, algo que non representa a realidade. “A transferencia é unha oportunidade para Galicia, non un problema. Non entendemos a posición do presidente da Xunta de complicidade pactada con Fomento, que significa dicir unha cousa en Galicia e facer outra en Madrid, nin a submisión e servilismo ás posicións mantidas por Fomento”, afirmou.

 

Leiceaga lembrou que no último pleno instou a Feijóo a tomar dúas medidas: por unha banda romper relacións co ministro de Fomento e paralizar a comisión mixta de xestión da AP-9, e por outra desplazar a Madrid unha comisión integrada por todos os grupos parlamentarios galegos para trasladarlle á presidenta e a Mesa do Congreso a postura de Galicia. Ante a negativa de Feijóo, os socialistas activan os mecanismos parlamentarios para a reunión da deputación permanente co obxectivo de trasladar unha nova iniciativa para a transferencia nun pleno extraordinario.

 

Un negocio para o Estado”

O socialista reprochoulle a Feijóo que tras a posición unánime do Parlamento galego agora fale de que a transferencia pode ter consecuencias financeiras negativas e un custo para os cidadáns. “Chama poderosamente a atención porque non representa para nada a realidade. A AP-9 agora é un negocio ruinoso para os cidadáns de Galicia, é un magnífico negocio para a concesionaria e para a Administración Xeral do Estado”, explicou, lembrando a ampliación da concesión asinada polo goberno de Aznar e Álvarez Cascos.

 

 

Nesta liña, argumentou que dos 138 millóns dos ingresos por peaxes en 2016, 45 millóns son beneficios para a concesionaria destinados a reparto de dividendos, e outros 45 millóns están destinados ao pago de impostos e tributos que na maior parte van ás arcas do Estado –o resto son gastos de explotación e financeiros-. A pesar de que unha pequena parte vai para subvencións das peaxes, queda un remanente considerable para o Estado. “Só con que Fomento non se lucrase coa AP-9 e que o recibido en impostos fose para a Xunta, coa nova titularidade, poderíase facer unha rebaixa bastante substancial das peaxes”, afirmou Leiceaga, para quen a transferencia debe ir acompañada dunha negociación financeira en favor de Galicia e dos usuarios da autoestrada.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar