Queremos saber se a decisión de Ence de levar a pranta de biomasa para Huelva terá repercusións na súa prórroga salvaxe de 60 anos

Queremos saber se a decisión de Ence de levar a pranta de biomasa para Huelva terá repercusións na súa prórroga salvaxe de 60 anos

Queremos saber se a decisión de Ence de levar a pranta de biomasa para Huelva terá repercusións na súa prórroga salvaxe de 60 anos

A deputada socialista Patricia Vilán vén de rexistrar varias preguntas de urxencia no Parlamento para preguntarlle á Xunta polo “cambio de plans” de Ence, que decidiu xa non construír a súa pranta de biomasa comprometida en Pontevedra e levala a Huelva, cun investimento de 49 millóns de euros. Os socialistas lembran que a “prórroga salvaxe” concedida por 60 anos “co goberno en funcións, por delegación a unha directora xeral e coa complicidade do goberno de Feijóo” foi xustificada pola Xunta cuns supostos investimentos comprometidos na cidade. Por iso queren saber que repercusións terá esta redución de investimento na prórroga da concesión da pasteira.

“En xuño deste ano, a Consellería de Medio Ambiente e o conselleiro delegado de Ence, baixo a atenta mirada de Alfonso Rueda, asinaban un pacto ambiental que comprometía á pasteira a investir 173 millóns de euros nos vindeiros catro anos, pero agora Ence muda de plans e xa van 49 millóns menos”, apunta Vilán. “Seica din que non lles dá tempo, pero iso non llo contaron ao Goberno cando pediron e xustificaron a prórroga salvaxe que xa teñen na man para 60 anos máis”, censura.

Os socialistas queren saber tamén se o goberno galego “coñece os motivos polos que a nova planta de biomasa anunciada por Ence en 2016 xa non se vai construír en Pontevedra”, e se é así, “con canto tempo de antelación comunicou Ence ao Goberno a nova decisión”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar