Quenda de oficio gratuíta

Quenda de oficio gratuíta

Quenda de oficio gratuíta

xustizaA deputada socialista Patricia Vilán reclamoulle á Xunta que reivindique do goberno central as contías cobradas aos galegos e galegas como taxas xudiciais para financiar a quenda de oficio. Vilán presentou unha iniciativa parlamentaria con motivo da celebración, mañá domingo, do Día Mundial da Asistencia Xurídica Gratuíta e da Quenda de Oficio.

A responsable socialista lembra que, de acordo co director xeral de Xustiza da Xunta, o Goberno recadou en todo o Estado un total de 57 millóns de euros durante o vigor das taxas xudiciais, que supostamente estaban vencelladas á asistencia xurídica gratuíta. Sorprendentemente, Galicia tan só recibiu do Goberno do Estado 346.000 euros, polo que instou ao Executivo autonómico que reclame “unha cantidade mais decente”.

Vilán lembra que o servizo público da xustiza é “básico para a vertebración do Estado Social e Democrático de Dereito”, porque “os dereitos valen o que valen as súas garantías, e a última garantía dos dereitos é sempre xurisdicional”.

Lembra que o novo ministro de xustiza decidiu derrogar as taxas xudiciais impostas previamente por Rajoy para as persoas físicas a través da Lei do 20 de novembro de 2012, que dicía que “aportarían uns maiores recursos e permitirían unha mellora no financiamento do sistema xudicial, e en particular da asistencia xurídica gratuíta”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar