Que a Fundación Francisco Franco xestione as visitas a Meirás é unha burla ás vítimas da ditadura

Que a Fundación Francisco Franco xestione as visitas a Meirás é unha burla ás vítimas da ditadura

Que a Fundación Francisco Franco xestione as visitas a Meirás é unha burla ás vítimas da ditadura

A deputada socialista Concepción Burgo rexistrou unha serie de preguntas orais e escritas no Parlamento nas que lle traslada á Xunta que o feito de que a Fundación Nacional Francisco Franco sexa a encargada de xestionar as visitas ao Pazo de Meirás é “unha clara burla ás vítimas da ditadura e unha provocación a toda a cidadanía”, polo que lle reclama ao goberno galego que se pronuncie sobre esta situación e tome medidas para impedila.

 

Burgo lembra que a Fundación Nacional Francisco Franco ten como obxectivo a exaltación da figura do ditador, tal e como se pode observar na súa páxina web. “Desde o noso punto de vista é unha burla que ante as continuas protestas por incumprimento a familia Franco da súa obriga de abrir o pazo ás visitas, tal e como marca a Lei de patrimonio cultural, se deixe a xestión das mesmas a unha fundación que exalta a persoas responsables de miles de mortos no noso país”, afirma.

 

Unha “anomalía histórica”

“Que todo isto non vulnere a lei non nos parece unha escusa porque está claro que ás veces a legalidade non é sinónimo de moralidade ou de ética, e esta é unha desas veces”, censura a socialista, que considera que o feito de que o Pazo de Meirás, “conseguido dunha forma claramente ilexítima”, siga en mans da familia franco 42 anos despois da súa morte, “é unha clara anomalía histórica e democrática”. Por todo isto, esixe coñecer a opinión da Xunta, a súa valoración política e que informe de se eran coñecedores desta xestión e, de ser así, desde cando o sabían. Burgo tamén quere saber se o conselleiro de Cultura “ten a vontade política de facer algo para evitar esta situación”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar