O Punto de Encontro Familiar de Pontevedra, "deshumanizado" e "cutre"

O Punto de Encontro Familiar de Pontevedra, "deshumanizado" e "cutre"

O Punto de Encontro Familiar de Pontevedra, “deshumanizado” e “cutre”

A deputada socialista Patricia Vilán reclamoulle hoxe á Xunta que dispoña dunhas instalacións e recursos económicos e humanos “en condicións” para o Punto de Encontro Familiar de Pontevedra. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Política Social para reclamar o traslado das instalacións ao inmoble da Xunta en Benito Corbal.

Vilán apuntou ao edificio actualmente en rehabilitación, que en marzo de 2019 estará dispoñible, e lamentou que a representante do goberno galego rexeitara a proposta, aínda admitindo a necesidade de mellorar as instalacións. Apuntou que as instalacións actuais, no edificio do Hospital, contan apenas con tres traballadoras en quendas, unha sala común para 6 persoas e 3 habitacións para as familias.

Estas traballadoras teñen que atender a 200 persoas cada fin de semana e acumulan xa unha lista de espera de 20 familias nunhas instalacións “deshumanizadas” e “cutres”, a cargo de xestores externos. Lembrou que se trata de atender a “nenas e nenos moi pequenos” que necesitan dun entorno axeitado para sentirse seguros e que o PEF “cumpra cos seus obxectivos”.

Sinalou que cando o goberno admite que estuda ampliar a rede evidencia que os 7 PEF que hai actualmente en toda Galicia son “claramente insuficientes”, así como os horarios, que os obrigan a pechar luns e martes en Vigo e Pontevedra, e pechar totalmente 15 días no verán, evidencia que o persoal destinado é “insuficiente”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar