Pucheirazo electoral do PP para cambiar a lei electoral en solitario para manter o seu poder

Pucheirazo electoral do PP para cambiar a lei electoral en solitario para manter o seu poder

Pucheirazo electoral do PP para cambiar a lei electoral en solitario para manter o seu poder

Beatriz Sestayo advirte dun “intento de pucheirazo electoral” contrario ao código ético da UE ao cambiar as regras de xogo para manter o poder político.

O PP rexeita unha iniciativa socialista para rexeitar a reforma da Loreg “aparcada” por Mariano Rajoy.

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, citou hoxe o programa electoral de Feijóo para 2009, no que reclamaba a reforma da Lei Electoral por maioría cualificada e el mesmo sinalaba que “o contrario é unha inmoralidade”. No debate dunha iniciativa socialista en Comisión, dixo que o PP demóstrase “inmoral e autoritario” ao intentar reformar a Loreg e o Regulamento do Parlamento de forma unilateral.

A deputada socialista acusou ao PP de “intentar un pucheirazo electoral” para manter un poder que teñen perdido de acordo coas enquisas. Criticou a contumacia do PP galego e do presidente da Xunta, que hoxe rexeitaron a proposta socialista para rexeitar a reforma da Loreg de forma unilateral, mesmo cando o presidente do goberno anunciou a súa intención de “aparcala”.

Sestayo advertiu que a obsesión de Feijóo por manter o poder a calquera prezo ten feito saltar as alarmas mesmo entre os representantes da Comisión Europea, que advirten que a reforma unilateral vulnera o código ético de boas prácticas da UE, asinado tamén por España. este código recomenda que os sistemas electorais non sexan modificados un ano antes dunhas eleccións e que se fagan cun consenso “de rango constitucional”.

Sinalou a “perplexidade” que provocou a resposta do goberno galego cando, preguntado en Pleno pola súa posición diante da reforma da Loreg, acusou aos socialistas galegos de “abusar do consenso e da democracia como método de confrontación política”.

Situación aberrante

Sestayo criticou as prácticas políticas “aberrantes” despregadas polo PP nos concellos galegos como resposta ás acusacións da deputada daquel partido, Paula Prado, contra os acordos municipais entre partidos. Así, lembrou a situación do concello de Santiago de Compostela, onde integran o goberno persoas que non forman parte das listas electorais, nunha “exhibición de falla de escrúpulos, de ética e de moral”.

Idéntica opinión dedicoulle ao ex presidente do PP de Lugo, José Luis Iravedra, imputado por carrexar a enfermos de Alzheimer para votar nas eleccións de 2012, a acusación do alcalde de A Baña por irregularidades no censo, así como ao de Ares, que censou a 73 persoas nun garaxe ou en casas en ruínas.

Ademais, mentres o PP acusa aos socialistas de incluír no seu programa electoral a reforma da Lei Electoral, explicou que dito programa tamén limitaba a dita modificación a un acordo consensuado por maioría cualificada no Parlamento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar