O PSdeG esixe a renuncia da valedora por "responsabilidade política" trala sentencia sobre o nomeamento da irmá do voceiro parlamentario do PPdeG

O PSdeG esixe a renuncia da valedora por “responsabilidade política” trala sentencia sobre o nomeamento da irmá do voceiro parlamentario do PPdeG

Os socialistas consideran fundamental “deixar limpa a imaxe e exemplaridade” da institución do Valedor do Pobo

 

Santiago, 30 de xuño de 2018. Os socialistas galegos esixen a renuncia da Valedora do Pobo por “responsabilidade política”, á vista da sentencia do TSXG que constata “desvío de poder” e “arbitrariedade” no nomeamento da irmá do voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy.

 

Dado que o alto tribunal galego obriga a repetir a convocatoria alegando que hai “sobrados datos” de que a elección “non se guiou polos principios de igualdade, mérito e capacidade, senón polo desexo de adxudicala a unha das candidatas”, os socialistas galegos consideran que a actual valedora non debería continuar á fronte dun órgano encargado de “velar polos dereitos de todos e todas”.

 

O Valedor do Pobo debe estar rexido pola lei e garantir a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía, polo que esta sentencia “de enorme gravidade” esixe unha reacción acorde que “deixe limpa a imaxe e a exemplaridade” da institución.

psdeg

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar