PSdeG e Xuventudes elaborarán un Plan de Emprego e Formación para mozos e mozas

PSdeG e Xuventudes elaborarán un Plan de Emprego e Formación para mozos e mozas

PSdeG e Xuventudes elaborarán un Plan de Emprego e Formación para mozos e mozas

A coordinadora da Área de Economía e Emprego do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, e o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, anunciaron a elaboración dun Plan de Emprego e Formación específico para mozos e mozas en colaboración coas asociacións xuvenís e as forzas sindicais galegas.

Carmen Gallego explicou que esta proposta será elaborada co consenso destes representantes da sociedade galega e artellada nas áreas de economía, emprego e emigración dos socialistas galegos para “parar coa sangría de mozos e mozas que teñen que emigrar pola falla de perspectivas no nos país”. A iniciativa será levada a continuación ao Parlamento a través do Grupo Socialista.

A responsable socialista explicou que o fracaso da xestión de Feijóo está a provocar unha continua fuga de cerebros que supón a perda do capital humano mellor formado da historia de Galicia. Sinalou que dende a chegada do actual presidente ao goberno galego, en 2009, hai un total de 90.000 mozos e mozas mais sen emprego, mentres de acordo cos datos de 2011 40.000 saíron de Galicia, 11.000 ao estranxeiro.

Os socialistas proporán así un plan de choque para frear esta situación que levou a que Galicia teña actualmente mais mozos menores de 30 anos desocupados -38,9 por cento- que ocupados -34,3 por cento-. Para iso propoñen utilizar os fondos que prepara a Comisión Europea para un Plan de Emprego Xuvenil que, suporá un investimento de 60.000 millóns de euros en toda a UE.

A iniciativa socialista busca impulsar a creación de emprego xuvenil, ademais de mellorar a formación dos mozos e mozas q

ue abandonaron os estudos e garantir a formación continuada dos que teñan ocupación laboral. Gallego explicou que “queremos recuperar aos 40.000 galegos que se foron de Galicia e aos 11.000 que saíron ao estranxeiro”.

Lamentou que “esta non sexa unha ocupación de Feijóo”, xa que reduciu un 40,37 por cento os orzamentos dirixidos ás políticas activas de emprego, precisamente no momento en que mais emprego se destrúe en Galicia, o dobre que no Estado. Criticou que a conselleira de Emprego “non se preocupa tampouco da xente moza”, aos que dificultan a formación subindo as taxas universitarias ou retiran as axudas ao aluguer e compra de vivenda.

Acusou ao PP de “estigmatizar” aos mozos e mozas e lamentou que “lles ofrezan unha maleta -en alusión ao regalo da Xunta aos mozos estudantes premiados- en lugar de mais bolsas de estudos e investimentos”.

Participación social

O secretario xeral de Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza, anunciou que os socialistas abren a elaboración deste Plan á participación de toda a sociedade galega, que poderá participar presentando emendas que serán incluídas na iniciativa parlamentaria.

O responsable socialista dixo que os socialistas “queremos manter o contacto coa sociedade” mentres “Novas Xeracións do PP cualifican á ministra de Emprego como unha “hada madriña” cando “en realidade semella mais ben unha bruxa”.

Bouza apuntou que dende a chegada de Feijóo un de cada tres mozos afiliados á seguridade social perderon o seu emprego, ata o punto de que no pasado mes de abril contabilizáronse 51.844 desempregados menores de 30 anos. Lamentou que a política do PP fai que “o físico xoven mellor valorado de Europa, que é galego, resulta que non ten cabida para quedar aquí”.

Dixo ademais que o incremento do paro en Galicia supón o mellor termómetro do fracaso da política económica de Feijóo, que fixo medrar o desemprego en Galicia un 4,2 por cento, mentres no resto do Estado medra un 2,9 por cento.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar