Estrutura
Congreso Nacional
- O Congreso Nacional é o órgano supremo e soberano do PSdeG. Está integrado polos delegados e delegadas elixidos nas Agrupacións Municipais.
- O número de delegados e delegadas, que será establecido polo CNG e que poderá oscilar entre 400 e 600, fixarase tendo en conta o censo de militantes correspondente á data fixada polo Comité Nacional Galego (CNG), que convoca a celebración do Congreso.
- O Congreso reúnese ordinariamente entre o terceiro e o cuarto ano dende a celebración do Congreso anterior, salvo que circunstancias especiais de interese político u orgánico aconsellen a modificación desta previsión temporal, e extraordinariamente cando o convoque o Comité Nacional Galego (CNG), a Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) ou a metade máis un dos militantes.
Comité Nacional Galego (CNG)
- O Comité Nacional Galego é o órgano máximo de dirección política entre Congreso e Congreso.
- Son membros natos con voz e voto, a Comisión Executiva Nacional Galega; os/as 45 membros elixidos no Congreso Nacional; os/as representantes do PSdeG no Comité Federal; os/as membros da Comisión Nacional de Ética; o/a presidente/a da Xunta de Galicia, cando o PSdeG asuma a responsabilidade do Goberno e sexa militante; unha representación das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), sen que poida ser superior ao 5% do citado órgano nin inferior ao 2%; e, o Presidente ou Presidenta do Grupo Parlamentario Socialista de Galicia. Tamén son membros con voz e voto os delegados e delegadas elixidos nas Asembleas Municipais e intermunicipais.
- O Comité Nacional Galego reúnese a lo menos tres veces ao ano, sendo convocado pola Comisión Executiva Nacional Galega (CENG). Tamén pode ser convocado con carácter extraordinario, cando o xulgue conveniente a Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) ou o soliciten alomenos un tercioo (1/3) dos/as seus/súas compoñentes.
Comisión Executiva Nacional Galega (CENG)
- A Comisión Executiva Nacional Galega realiza no ámbito de Galicia a política definida polos órganos de dirección do Partido, o Congreso Nacional e o Comité Nacional Galego adoptando para elo cantas decisións estímase necesarias, sempre de acordo coas normas e directrices emanadas daqueles.
Composición:
- Manuel Vázquez Fernández. Secretario Xeral
- Mar Barcón Sánchez. Portavoz e Secretaria de Coordinación, Acción Electoral e Política Municipal
- Pablo García García. Secretario de Administración e Organización
- Carlos López Font. Secretario de Área de Infraestructuras
- Beatriz Sestayo Doce. Secretaria de Área de Políticas Socio-Sanitarias, Benestar e Xustiza
- Luis Ángel Lago Lage. Secretario de Área de Relacións Institucionais
- Laura Seara Sobrado. Secretaria de Área de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais
- Agustín Fernández Gallego. Secretario de Área de Economía
- Marta Álvarez-Santullano Fernández-Trigales. Secretaria de Área de Estudios e Programas
- Carmen Gallego Calvar. Secretaria de Área de Medio Ambiente e Medio Mariño
- Miguel Ángel Fernández López. Secretario de Sanidade
- Guillermo Meijón Couselo. Secretario de Educación
- Wilma Cabodevila Val. Secretaria de Medio Rural
- Silvia Longueira Castro. Secretario de Cultura
- Valentín González Formoso. Secretario de Industria e Enerxías Renovables
- David Regades Fernández. Secretario de Emprego
- Antonio Sánchez Espantoso. Secretario de Novas Tecnoloxías
- Miguel Fidalgo Areda. Secretario de Formación
Secretarías Executivas:
- Dulcinea Aguín Pombo
- Celia Alonso Caramés
- Juan Jesús Ares González
- Miguel Bautista Carballo
- Isabel Castro Piedras
- Mª Dolores Cubillo Conde
- José M. Domínguez Freitas
- José Antonio Dono López
- Ignacio Filgueiras Martínez
- Julia López Vázquez
- María Loureiro García
- Sonia Méndez García
- José Antonio Prado García
- José Luis Raposo Magdalena
- María Rivas López
- José Ramón Val Alonso
- Mª José Vilas Rodas
- José Manuel Pequeño Castro
- Pilar Souto Iglesias
Consello Territorial
- O Consello Territorial é un órgano nacional ao que corresponde informar e asesorar sobre as políticas do Partido que afectan ao territorio e á cidadanía galega. O Consello Territorial será convocado polo Secretario Xeral da Comisión Executiva Nacional Galega (CENG).
- O Consello está composto polo Secretario Xeral e unha representación da CENG, os/as catro Secretarios/as provinciais, os/as alcaldes/as ou portavoces socialistas das grandes cidades, os/as Presidentes/as socialistas das Deputación provinciais, o/a Presidente socialista na FEGAMP, os/as representantes socialistas dos Grupos Parlamentarios galego, español e europeo, o/a Secretario/a Xeral das XSG.
Comisión Nacional de Listas
- A Comisión Nacional de Listas emitirá ditame previo á aprobación definitiva por parte do Comité Nacional dos/as candidatos/as e candidaturas nos diferentes procesos electorais.
Composición:
- Pablo Garcia Garcia. Secretario de Organización.
- Salvador Fernandez Moreda. Secretario Xeral Provincial de A Coruña.
- Ricardo Varela Sanchez. Secretario Xeral Provincial de Lugo.
- Raul Fernandez Fernandez. Secretario Xeral Provincial de Ourense.
- Modesto Pose Mesura. Secretario Xeral Provincial de Pontevedra.
- José Ramón Gómez Besteiro. (Lugo)
- Mª Ángeles Gómez Bugallo. (Santiago)
- Mª del Carmen González Ulla. (Ourense)
- Eladio Osorio Montenegro. (Ourense)
- Ángel Rivas González. (Vigo-Pontevedra)
- Obdulia Taboadela Álvarez. (A Coruña)
- Manuel Vidal López. (Marín-Pontevedra)
Comisión Nacional de Ética
- A Comisión Nacional de Ética elíxese no Congreso Nacional e estará integrada por tres membros.
- É a encargada de recepcionar e custodiar as declaración de bens de todos os candidatos e candidatas do Partido nos diferentes procesos electorais.
- A Comisión será competente para supervisar e controlar as situacións patrimoniais dos/as afiliados/as socialistas e as actividades económicas dos cargos públicos electos/as ou designados/as polo PSdeG-PSOE.
Composición:
- Miguel Vázquez Calvo
- Maribel Sántos Pérez
- Soledad Piñeiro González








