Proxecto esgotado e carente de autocrítica na Xunta

Proxecto esgotado e carente de autocrítica na Xunta

Proxecto esgotado e carente de autocrítica na Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, alertou hoxe da “dificultade de incorporar novos perfís ao goberno”, logo de constatar cero cambios no Executivo nomeado onte por Feijóo. Logo dun encontro co secretario xeral de CC.OO., Xosé Manuel Sánchez Aguión, dixo que a falla de renovación é un síntoma dun “proxecto esgotado e sen ningún tipo de reflexión autocrítica”.

O responsable socialista advertiu que a intención de replicar na totalidade o seu Executivo constitúe “en si mesmo unha declaración de intencións” que bota por terra tódolos anuncios de “abrir unha nova fase” no Goberno galego. Fernández Leiceaga replicou que “afrontar unha nova fase cos mesmos instrumentos e exactamente a mesma estrutura ten encaixe difícil”.

Amosou a súa “decepción” polo feito de que o novo goberno desterre todo sinal de facer unha Lexislatura “cun claro perfil de creación de emprego e poñendo o acento sobre as políticas sociais”. Explicou que a situación económica, “un pouco mellor”, permite unha acción pública “moito máis eficaz” cunha “base laboral máis sólida” e permita consolidar “mellores condicións laborais e mellores salarios, e uns dereitos laborais máis fortes”.

Orzamentos

Así o dixo logo da primeira dunha serie de encontros cos colectivos sociais e empresariais galegos, que hoxe comezou coa visita ao sindicato CC.OO., onde sinalou ao inicio inminente do debate de Orzamentos para o ano 2017. Este debate, dixo, “daranos a oportunidade de ver se as boas intencións do presidente da Xunta se levan ás leis e á práctica política real”.

Fernández Leiceaga comprometeuse a levar ao Parlamento iniciativas de impulso e control do goberno para vixiar a creación dunha “lexislación de emprego de calidade, con salarios dignos, en boas condicións”. Engadiu que “poderemos ver se os funcionarios e traballadores da administración recuperan o seu poder adquisitivo” e si o goberno realiza un maior esforzo na formación ocupacional, a prevención de riscos ou fronte ás dificultades do mercado de traballo.

O portavoz socialista concordou co secretario xeral de CC.OO. na necesidade de afrontar a reforma dos servizos públicos de emprego, para “convertelos en algo máis eficaz” e en facer que a chamada axenda de competitividade 4.0 “pasa de ser unha mera declaración de intencións a concretarse na práctica do Igape, no impulso da formación e na promoción de solo empresarial.

O encontro de hoxe contou tamén coa participación dos portavoces de Política Social e Emprego e de Orzamentos, Industria e I+D do PSdeG, Noela Blanco e Abel Losada, respectivamente, e da secretaria de Política Social e o secretario de Acción Sindical do sindicato, Adela Poisa e Xesús Castro.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar