Protección da Xunta para as traballadoras afectadas polo peche de Viriato e Caramelo

Protección da Xunta para as traballadoras afectadas polo peche de Viriato e Caramelo

Protección da Xunta para as traballadoras afectadas polo peche de Viriato e Caramelo

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, instou hoxe á Xunta a que faga valer as axudas públicas concedidas ás empresas do téxtil Viriato e Caramelo para protexer ás 200 traballadoras, un 85 por cento mulleres, afectadas polo seu peche. A responsable socialista presentou unha pregunta oral neste sentido na Comisión de Economía do Parlamento.

Rodríguez Rumbo acusou ao goberno galego de incumprir o acordo aprobado pola Comisión de Industria do Parlamento por iniciativa dos socialistas reclamando apoio da Xunta ao téxtil galego. Criticou o “excesivo celo” por “facer publicidade do apoio ás empresas de maior contido tecnolóxico, pero ten que apostsar ao mesmo tempo polas empresas máis tradicionais galegas”.

Sinalou que “non temos constancia de que se teña incluído ao sector téxtil, tal como se aprobou” daquela, a pesares de que incluía atención específica sobre a comarca de Ordes, que conta con 40.000 veciños e veciñas que viven fundamentalmente dos sectores agrogandeiro e téxtil.

Rodríguez Rumbo censurou que o goberno galego non teña ofrecido “nin unha mala palabra, nin unha boa acción” para defender ás traballadoras afectadas polos peches de dúas empresas históricas do téxtil galego.

Caramelo e Viriato

Así, lembrou que Caramelo tivo que pechar logo de asinar un ERE en 2009 co despido de 237 traballadoras, un concurso de acredores en 2013 e un ERE con 180 traballadoras, e que agora pecha deixando na rúa a 169 traballadoras.

Todo iso sen que a Xunta teña feito valer que contaba co 7,5 por cento do capital da compañía logo de aportar máis de 3 millóns de euros, e logo de que o anterior conselleiro de industria cifrara as axudas públicas en máis de 30 millóns de euros.

Pola súa parte, Viriato vén de pechar no pasado mes de novembro, no que presentou a súa liquidación con máis de 10 millóns de débeda, logo de 57 anos de actividade, deixando na rúa a 120 persoas e acumulando débedas coas traballadoras, cos talleres auxiliares e cos 40 despedimentos de fai un ano, xa que só sete persoas cobraron a indemnización pactada.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar