Prosperan dúas emendas socialistas que permitirán elevar a recadación polo imposto de patrimonio e restricción dos asesores da Xunta

Prosperan dúas emendas socialistas que permitirán elevar a recadación polo imposto de patrimonio e restricción dos asesores da Xunta

Prosperan dúas emendas socialistas que permitirán elevar a recadación polo imposto de patrimonio e restricción dos asesores da Xunta

Juan Carlos González Santín explica que o necesario apoio do PP levou a pactar un acordo de mínimos sobre o Imposto de Patrimonio elevando os tipos un 20% pero mantendo o mínimo exento en 700.000€, que os socialistas querían baixar a 500.000

Os socialistas arrancaron o compromiso de que os cartos recadados coa suba o Imposto de Patrimonio transaccionada, 8 millóns de euros, se destine a políticas sociais

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista sinala que, grazas á emenda socialista, só os conselleiros poderán ter asesores, quedando prohibido para entidades instrumentais e delegacións da Xunta

A Comisión de Orzamentos do Parlamento de Galicia ven de aprobar dúas emendas impulsadas polo Grupo Socialista.

A primeira refírese á restrición da contratación de persoal eventual, de asesores, aos membros do Consello da Xunta. O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, explica que iso supón que “quedan sen asesores as entidades instrumentais e as delegacións da Xunta”.

A segunda, relativa ao incremento do Imposto de Patrimonio, precisou de transacción co Grupo Popular. Así, chegouse ao que González Santín denominou “acordo de mínimos” polo que a proposta socialista de suba dos tipos dun 15% e a rebaixa do mínimo exento ós 500.000€ quedou finalmente nun aumento dos tipos dun 20% , manténdose o mínimo exento en 700.000€. Os socialistas acadaron o compromiso dos populares de investir en políticas sociais os 8 millóns de euros que se espera sumar á recadación por este imposto.

Os socialistas presentaron 60 emendas, a súa maioría rexeitadas polos PP. Só prosperaron, ademais das citadas, as relativas a correccións técnicas dos Orzamentos. Santín reclamou na súa intervención de defensa das emendas que a Xunta dea marcha atrás no recorte do salario aos funcionarios.

Pediu un aumento da información ao Parlamento sobre modificacións de partidas orzamentarias e medidas tributarias así como o incremento da dotación para os servizos públicos. Esixiu tamén a suba de impostos como o IRPF para as rendas máis altas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar